Kyle O'Quinn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kyle O'Quinn
SeaHorses Mikawa
Información persoal
Nacemento 26 de marzo de 1990 (34 anos)
Nova York Jamaica, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Instituto Campus Magnet
(Queens, Nova York)
Universidade Norfolk State (2008–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 49
Por Orlando Magic
Carreira desde 2012
Historial de equipos
Orlando Magic (2012–2015)
New York Knicks (2015–2018)
Indiana Pacers (2018–2019)
Philadelphia 76ers (2019–2020)
Fenerbahçe (2021)
Paris Basketball (2021–2022)
SeaHorses Mikawa (2022–presente)

Kyle Brandon O'Quinn, nado o 26 de marzo de 1990 en Jamaica, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos SeaHorses Mikawa da B.League.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O'Quinn foi seleccionado na 49ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Orlando Magic.[1] O 9 de agosto de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Magic.[2]

O 9 de xullo de 2015, O'Quinn foi traspasado ós New York Knicks a cambio dunha cantidade económica e o dereito de intercambiar eleccións da segunda rolda do Draft de 2019.[3] Fixo o seu debut cos Knicks no primeiro partido da tempada, o 28 de outubro na vitoria por 122-97 contra os Milwaukee Bucks, onde fixo 8 puntos e 11 rebotes.[4]

O 9 de xullo de 2018, O'Quinn asinou cos Indiana Pacers.[5]

O 11 de xullo de 2019, O'Quinn asinou un contrato dun ano cos Philadelphia 76ers.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prospect Profile: Kyle O'Quinn". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  2. Magic Sign Kyle O'Quinn
  3. "Knicks Acquire Four Free Agents: Afflalo, R. Lopez, Williams, O'Quinn". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  4. "Williams scores 24, Knicks beat Bucks 122-97 in opener". NBA.com. 28 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  5. "Pacers Sign Kyle O'Quinn". NBA.com. 9 de xullo de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  6. "Team Signs O'Quinn". NBA.com. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]