Jeremy Lamb
| Oklahoma City Thunder – No. 11 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de maio de 1992 (20 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 81 kg (179 lb) |
| Instituto | Norcross HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | Connecticut (2010-2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 12
Escollido por Houston Rockets |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Oklahoma City Thunder (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Jeremy Emmanuel Lamb, nado o 30 de maio de 1992 en Norcross, Xeorxia, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Lamb foi ó Norcross High School en Norcross, Xeorxia, onde foi capitán do equipo de baloncesto, e fixo 20 puntos e 6 rebotes por partido, liderando a Norcross ó campionato rexional, ó Elite 8 dos playoffs do Estado, e a unha marca final de 27-3. Tras chamar a atención do adestrador Jim Calhoun, uniuse ós UConn Huskies para a universidade.[1]
Traxectoria universitaria [editar]
Durante o seu primeiro ano en Connecticut, Lamb xogou en todos os partidos. Acadou 11.1 puntos por partido, segundo máximo anotador do equipo tras Kemba Walker.[2] Conseguiu a máxima anotación da súa carreira contra Marquette o 25 de xaneiro de 2011, tras anotar 24 puntos.[3] No torneo da Big East de 2011, Lamb fixo 14.2 puntos e axudou ós Huskies a gañar o torneo, e conseguir a terceira praza para o Torneo da NCAA.
No Torneo da NCAA de 2011, Lamb aumentou a súa anotación ata 16.2 puntos por partido, e igualou a súa máxima anotación con 24 puntos contra San Diego State no Sweet 16, o 24 de marzo de 2011.[3] No partido polo título nacional, anotou 12 puntos e capturou 7 rebotes na vitoria dos Huskies contra Butler por 53-41.
A tempada de 2011-12 foi algo decepcionante para Lamb e para UConn. Malia o gran talento do equipo, non puideron conseguir unha marca positiva de vitorias durante a tempada regular, e foron eliminados na primeira rolda do Torneo da NCAA tras perder contra os Iowa State Cyclones. Tras a tempada de 2012, Lamb declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets. O 27 de outubro de 2012, Lamb foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Kevin Martin e varias futuras eleccións do Draft a cambio de Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden.[5]
Notas [editar]
- ↑ "Father of UConn's Jeremy Lamb once beat Jim Calhoun for VCU". USA Today. 2011-04-01. http://content.usatoday.com/communities/campusrivalry/post/2011/04/calhoun-lamb-connecticut/1. Consultado o 2011-04-05.
- ↑ "UConn Huskies Team Stats". ESPN. http://sports.espn.go.com/ncb/teams/stats?teamId=41. Consultado o 2011-04-05.
- ↑ 3,0 3,1 "Jeremy Lamb Stats". ESPN. http://scores.espn.go.com/ncb/player/profile?playerId=51453. Consultado o 2011-04-05.
- ↑ "Most Popular E-mail Newsletter". USA Today. 2012-04-10. http://www.usatoday.com/sports/college/mensbasketball/bigeast/story/2012-04-10/jeremy-lamb-uconn-nba/54151626/1.
- ↑ Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks