Robbie Hummel
| Obradoiro CAB – No. -- | |
| Aleiro / Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de marzo de 1989 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 98 kg (215 lb) |
| Instituto | Valparaiso |
| Información da carreira | |
| Universidade | Purdue |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 2 / Elección: 58
Escollido por Minnesota Timberwolves |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Obradoiro CAB (2012-presente) | |
Robert John "Robbie" Hummel, nado o 8 de marzo de 1989 en Valparaiso, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Obradoiro CAB da Liga Endesa.
Índice |
Instituto [editar]
Hummel acudiu ó Valparaiso High School en Valparaiso, Indiana. Xogou para o adestrador Bob Punter, e xogou xunto ó que sería o seu compañeiro no primeiro ano de universidade, Scott Martin. Hummel fixo 15.7 puntos, 7.1 rebotes e 4.1 asistencias por partido na súa derradeira tempada no instituto.
Traxectoria universitaria [editar]
Hummel convertiuse no 44º xogador na historia de Purdue en anotar máis de 1000 puntos, superando esa marca o 9 de xaneiro de 2010, tras anotar 13 puntos na derrota por 73-66 contra Wisconsin.[1] Ó remate da súa carreira universitaria, marcada polas múltiples lesións, finalizou con 1772 puntos, 862 rebotes, 268 asistencias, 132 roubos e 112 tapóns.
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Hummel foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Minnesota Timberwolves.
Notas [editar]
- ↑ "Purdue Boilermakers – Wisconsin Badgers Box Scores, Game Results & Summary". USA Today. http://content.usatoday.com/sportsdata/basketball/ncaab/game/Purdue_Wisconsin/2010/01/09. Consultado o 29 de decembro de 2010.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Biografía en Purdue (en inglés)
- Perfil en CBSSports.com (en inglés)