Kris Joseph
| Brooklyn Nets – No. 24 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de decembro de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,02 m (6 ft 7.5 in) |
| Peso | 102 kg (225 lb) |
| Instituto | Archbishop Carroll Washington, D.C. |
| Información da carreira | |
| Universidade | Syracuse (2008–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 2 / Elección: 51
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Boston Celtics (2012–2013) →Maine Red Claws (2012–2013) Maine Red Claws (2013) Springfield Armor (2013) Brooklyn Nets (2013–presente) |
|
| Información en nba.com | |
Kristopher Joseph, nado o 17 de decembro de 1988 en Montreal, Quebec, é un xogador canadiano de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Joseph tivo problemas ó comezar a competir, xa que o botaron do seu equipo cando tiña 14 anos. Traballou o seu xogo, medrou, e convertiuse nunha estrela no Sun Youth, un equipo da Liga de Baloncesto de Montreal.[1] En recomendación do adestrador Henry Wong, a nai de Joseph aceptou que o seu fillo deixara Montreal en 2006, para completar os dous anos que lle quedaban no Archbishop Carroll, en Washington, D.C..[2]
Coma senior, Joseph liderou ó Archbishop Carroll a unha marca de 26-11. Esa tempada, Joseph conseguiu entrar no segundo equipo de 2008, elixido polo Washington Post.[3]
Traxectoria universitaria [editar]
Joseph comezou a ter minutos xa moi cedo, e xogou o seu primeiro partido de titular o 2 de xaneiro de 2009 contra Florida do Sur, anotando sete puntos e capturando tres rebotes.[4] Na súa segunda tempada, convertiuse nun importante reserva para Syracuse, rematou a tempada con 11.0 puntos e 5.4 rebotes por partido, e foi nomeado Sexto Home do Ano da Big East Conference.[5]
No seu ano coma junior, mellorou de novo os seus rexistros, e liderou a Syracuse en anotación con 14.3 puntos por partido, sendo ademais o segundo máximo reboteador do equipo, con 5.2 rebotes por encontro; números que melloraría tamén no seu derradeiro ano universitario.
Traxectoria profesional [editar]
Boston Celtics [editar]
O 28 de xuño de 2012, Joseph foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo de 2012, Joseph asinou un contrato cos Celtics.[6]
Durante a súa estancia nos Celtics, foi asignado varias veces ó seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws.[7] O 6 de xaneiro de 2013, Joseph foi cortado polos Celtics.[8]
Brooklyn Nets [editar]
O 6 de febreiro de 2013, Joseph fichou polos Maine Red Claws.[9] Cinco días máis tarde, o 11 de febreiro, foi traspasado ós Springfield Armor a cambio de James Mays.[10] O 2 de abril de 2013, asinou un contrato de 10 días cos Brooklyn Nets.[11] O 12 de abril de 2013, asinou para o resto da tempada.[12]
Notas [editar]
- ↑ http://www.qhoops.net/articles/article.jsp?aId=755
- ↑ http://blog.syracuse.com/orangebasketball/2012/03/kris_joseph_road_winds_from_mo.html
- ↑ http://www.suathletics.com/roster.asp?playerid=2692&sport=176&roster=228&path=mbasket
- ↑ http://www.syracuse.com/axeman/index.ssf/2009/01/susouth_florida_recap_1.html
- ↑ http://suathletics.syr.edu/news/2010/3/8/JosephBE3.8.10.aspx
- ↑ "Celtics Sign 2012 NBA Draft Picks". NBA.com. 3 de xullo de 2012. http://www.nba.com/celtics/news/press_release/press070312-celtics-sign-2012-draft-picks.html. Consultado o 4 de xullo de 2012.
- ↑ Melo, Joseph assigned to D-League
- ↑ Celtics Waive Joseph and Varnado
- ↑ Maine Red Claws sign Kris Joseph to D-League deal
- ↑ Springfield trades James Mays in exchange for Maine's Kris Joseph
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Kris Joseph to 10-Day Contract". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 2 de abril de 2013. http://www.nba.com/nets/news/brooklyn-nets-sign-kris-joseph-10-day-contract. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Kris Joseph for Remainder of Season". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de abril de 2013. http://www.nba.com/nets/news/brooklyn-nets-sign-kris-joseph-remainder-season. Consultado o 12 de abril de 2013.