Andre Drummond
| Detroit Pistons – No. 1 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de agosto de 1993 (19 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 126 kg (278 lb) |
| Instituto | St. Thomas More Oakdale, Connecticut |
| Información da carreira | |
| Universidade | UConn (2011-2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 9
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Detroit Pistons (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Andre Jamal Drummond, nado o 10 de agosto de 1993 en Mount Vernon, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Drummond comezou a súa carreira no Capital Preparatory Magnet School, en Hartford, Connecticut. Durante o seu primeiro ano acadou 12.7 puntos, 11.9 rebotes e 6.5 tapóns por partido. Mellorou eses números no segundo ano, facendo 20.2 puntos, 16.6 rebotes, 7.2 tapóns e 4.5 roubos de balón por partido. Tras dous grandes anos no Magnet School, trasladouse ó St. Thomas More en Oakdale, tamén en Connecticut. Alí convertiuse nun dos pivotes máis dominantes do baloncesto de instituto.[1] Pasou dous anos en St. Thomas More e liderou ó equipo ó campionato nacional en 2011. Graduouse na primavera dese mesmo ano.
No verán de 2010, Drummond formou parte da selección dos Estados Unidos que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA sub-17 de 2010.[2]
Traxectoria universitaria [editar]
Drummond inicialmente declarou a súa intención de pasar un ano posgraduado na Wilbraham & Monson Academy en 2011-12.[3] Dúas semanas máis tarde, anunciou vía Twitter que a súa intención era ir á Universidade de Connecticut.[4]
Drummond declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012 o 12 de abril dese mesmo ano.[5]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Drummond foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Detroit Pistons.
Notas [editar]
- ↑ Biancardi, Paul; Finkelstein, Adam (26 de agosto de 2011). "Andre Drummond to UConn surprises". ESPN.com. Arquivado do orixinal o 27 de agosto de 2011. http://www.webcitation.org/61FmZLGtG.
- ↑ "USA Men's U17 Team Runs Away With Gold, Destroys Poland 111-80". Basketball.TeamUSA.org. 11 de xullo de 2010. http://basketball.teamusa.org/news/2010/07/11/usa-men-s-u17-team-runs-away-with-gold-destroys-poland-111-80/37198. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Despite The Class, Andre Drummond Will Still Be The Best Center". CollegiateHoops.net. http://www.collegiatehoops.net/2010/08/despite-class-andre-drummond-will-still.html. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.
- ↑ Amore, Dom (26 de agosto de 2011). "Drummond Heading to UConn". The Hartford Courant. http://www.courant.com/sports/uconn-men/hc-andre-drummond-uconn-20110826,0,7964481.story. Consultado o 26 de agosto de 2011.
- ↑ "Basketball Recruiting - Andre Drummond - Player Profiles". ESPN.com. 24 de maio de 2011. http://insider.espn.go.com/college-sports/basketball/recruiting/player/evaluation?id=61194. Consultado o 27 de agosto de 2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com
- Biografía en UConn
- Perfil en NBADraft.net
- Perfil en Scout.com
- Perfil en Rivals.com
- Perfil en ESPNU