Kyrie Irving
| Cleveland Cavaliers – No. 2 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de marzo de 1992 (21 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,92 m (6 ft 3.5 in) |
| Peso | 87 kg (191 lb) |
| Instituto | St. Patrick HS (Elizabeth, Nova Jersey) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Duke |
| NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 1
Escollido por Cleveland Cavaliers |
| Carreira | dende 2011 |
| Historial de equipos | |
| Cleveland Cavaliers (2011-presente) | |
| Premios e galardóns | |
| NBA All-Star (2013) Rookie do Ano da NBA (2012) Primeiro Equipo de Rookies NBA (2012) MVP do Rising Stars Challenge (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Kyrie Andrew Irving, nado o 23 de marzo de 1992 en Melbourne, Australia, é un xogador australiano/americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Antes xogou para a Universidade de Duke. É o segundo xogador nado en Australia que é seleccionado na primeira posición do Draft da NBA, despois de Andrew Bogut, no Draft de 2005.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Cleveland Cavaliers (2011-presente) [editar]
Irving anunciou que se ía declarar elixible para o Draft da NBA de 2011, onde foi elixido na 1ª posición polos Cleveland Cavaliers.[1][2] O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Cavaliers.
Irving tivo un gran comezo, nos primeiros 23 partidos, tivo 10 con máis de 20 puntos anotados, incluíndo 32 puntos na derrota contra os New Jersey Nets. Nese mesmo partido, anotou 21 puntos no último cuarto. Irving e o seu compañeiro Tristan Thompson foron elixidos para xogar no Rising Stars Challenge de 2012. Porén, Irving xogou no Team Chuck, e Thompson no Team Shaq. Irving anotou 34 puntos, e foi o MVP do partido.[3] Foi elixido Rookie do Ano da NBA 2012, recibindo 117 de 120 votos posibles na primeira posición.[4] Foi ademais a única elección unánime no Primeiro Equipo de Rookies da NBA.[5] Na súa primeira tempada, acadou 18.5 puntos, 5.4 asistencias e unha porcentaxe de tiros de campo dun 46.9%, e dun 39.9% en triplas.[6]
Tempada 2012-13 [editar]
O 17 de novembro de 2012, na derrota contra os Dallas Mavericks, Irving mancouse nun dedo dunha man. Malia que xogou no seguinte partido dos Cavaliers, a súa lesión obligouno a perderse tres semanas de xogo.[7] Ó segundo partido da súa volta, o 15 de decembro contra os New York Knicks, Irving anotou 41 puntos, o máximo na súa carreira, xunto a cinco rebotes e cinco asistencias. Irving convertiuse no xogador máis novo na historia da NBA en anotar 40 puntos no Madison Square Garden, sendo un ano máis novo que cando Michael Jordan o fixo en 1985.[8]
O 24 de xaneiro de 2013, Irving foi seleccionado para xogar o NBA All-Star Game, sendo a súa primeira aparición no evento.
Notas [editar]
- ↑ http://www.guardian.co.uk/sport/2011/jun/24/cavaliers-kyrie-irving-nba-draft%7Ctitle=Cleveland Cavaliers select Kyrie Irving as first overall pick in NBA draft, 24 de xuño de 2011, The Guardian, consultado o 24 de xuño de 2011
- ↑ http://www.nytimes.com/2011/06/24/sports/basketball/cavs-choose-irving-first-basing-pick-on-potential.html%7Ctitle=In Draft Considered Low Impact, Cavaliers Choose Duke’s Irving First, 23 de xuño de 2011, New York Times, consultado o 24 de xuño de 2011
- ↑ Irving steals Rising Stars Challenge as Lin goes silent. Usatoday.com (2012-02-24). Consultado o 2012-05-05.
- ↑ Boyer, Mary Schmitt (15 de maio de 2012). "Early failure set path to Rookie of the Year success for Cleveland Cavaliers' Kyrie Irving". The Plain Dealer. http://www.cleveland.com/cavs/index.ssf/2012/05/cavaliers_kyrie_irving_named_r.html.
- ↑ "Irving, Rubio headline 2011-12 NBA All-Rookie First Team". http://www.nba.com/2012/news/05/22/all-rookie-team-release/index.html?ls=iref:nbahpt2. Consultado o 23 de maio de 2012.
- ↑ "Cavaliers' Kyrie Irving named Kia Rookie of the Year". NBA. May 15, 2012. Arquivado do orixinal o 15 de maio de 2012. http://www.webcitation.org/67gUaJiVB.
- ↑ ESPN.com Retrieved 2012-11-19.
- ↑ "Kyrie Irving drops career-high 41, but Cavs fall to Knicks." ESPN.com Retrieved December 16, 2012.