Tristan Thompson
| Cleveland Cavaliers – No. 13 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de marzo de 1991 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 102 kg (225 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Texas |
| NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 4
Escollido por Cleveland Cavaliers |
| Carreira | dende 2011 |
| Historial de equipos | |
| Cleveland Cavaliers (2011-presente) | |
| Premios e galardóns | |
| 2º Equipo de Rookies NBA (2012) | |
| Información en nba.com | |
Tristan Trevor James Thompson, nado o 13 de marzo de 1991 en Brampton, Ontario, Canadá, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da NBA.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Cleveland Cavaliers (2011-presente) [editar]
O 23 de xuño de 2011, Thompson foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Cleveland Cavaliers. O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Cavaliers. Thompson fixo o seu debut coma profesional contra o equipo da súa cidade natal, os Toronto Raptors, o 26 de decembro de 2011. Xogou 17 minutos comezando coma suplente, nos cales anotou 12 puntos e capturou 5 rebotes. Thompson e o seu compañeiro de equipo Kyrie Irving foron elixidos para xogar o Rising Stars Challenge de 2012. Porén, Thompson xogou para o Team Shaq, e Irving para o Team Chuck. Thompson liderou ó Team Shaq con 20 puntos anotados.
Na súa tempada coma rookie, acadou 8.2 puntos e 6.5 rebotes en 23.7 minutos por partido. Foi incluído no segundo equipo de Rookies da NBA, convertíndose no primeiro xogador canadiano en estar nun dos mellores equipos de rookies ao remate da tempada.