Atlético Sanluqueño Club de Fútbol
| Nome | Atlético Sanluqueño Club de Fútbol | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Atletistas, Verdiblancos | ||
| Fundación | 1948 | ||
| Estadio | El Palmar, Sanlúcar de Barrameda, España |
||
| Inauguración | 1948 | ||
| Capacidade | 5.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 2ªB – Grupo 4 | ||
| 2011–12 | 1º (Terceira División) | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O Atlético Sanluqueño Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Sanlúcar de Barrameda, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1948 e actualmente xoga na Segunda División B Española.
Índice |
Historia [editar]
O Atlético Sanluqueño Club de Fútbol foi fundado en 1948, aínda que a súa inscrición en competicións oficiais produciuse en 1951.
O seu debut en categoría nacional, concretamente na Terceira División, produciuse na tempada 1958-59. A tempada 1986-87, sendo presidente Luis Merino e adestrador José Enrique Díaz, logrou ascender á Segunda División B. Descendeu a Terceira División a tempada 1991-92 e non logrou novamente o ascenso ata a tempada 2011–12.
Uniforme [editar]
- Uniforme titular: Camiseta con raias verticais de cores verde e branco, pantalón branco e medias verdes.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón negro e medias negras.
O uniforme do Atlético Sanluqueño está baseado no do Real Betis Balompié. Parece ser que o equipo, nas súas orixes, recibiu un xogo destes equipamentos por mediación dun directivo que gozaba de boas relacións co mencionado club.
Datos do club [editar]
Xogadores destacados [editar]
Palmarés [editar]
- Terceira División Española (1): 2011–12
- Subcampión da Terceira División (1): 1995-96
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||