Alaris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tren Alaris ETR-490 en servizo entre Madrid-Puerta de Atocha e Valencia-Estación do Norte ao seu paso por Silla.

Alaris foi o nome comercial dun servizo ferroviario diúrno, de longa distancia, prestado por Renfe Operadora en España entre 1999 e 2013. Ía asociado habitualmente aos electrotrens da Serie 490 aínda que dende 2009 tamén se empregaron unidades da Serie 130.

Na súa estrea cubrían a relación Madrid-Valencia/Gandia/Castelló aínda que posteriormente foron derivados cara outros trazados como os que unen Barcelona con Sevilla e Málaga ou Valencia con Alcázar de San Juan e Albacete. Este servizo de gama media-alta realizábase sobre liñas electrificadas cunha velocidade comercial de 200 km/h.

Historia[editar | editar a fonte]

A metade dos anos noventa, Renfe necesitaba substituír os antigos Talgo III que levaban máis de 30 anos en servizo. Renfe buscaba un novo automotor para poder circular polas liñas electrificadas a velocidades de 200-220 km/h.

Logo dun concurso para o material coñecido como Intercity 2000, no que o consorcio GEC-Alsthom-FIAT Ferroviaria Spa gañou, Renfe encargou a fabricación de 10 electrotrenes basculantes da serie 490, moi parecidos aos ETR 460 de Trenitalia, e ao Cisalpino (ETR 470).

As unidades comezáronse a utilizar para un novo servizo entre Valencia e Madrid vía Albacete, de alta velocidade, alta calidade e confort. Os trens chamáronse nun principio Intercity 2000 pero o nome non tivo boa acollida por parte do equipo de mercadotecnia de Renfe, por iso cambiouse por Alaris (unha marca comercial rexistrada por Renfe Operadora) e modificouse o esquema de pintura.

No ano 2008 empregáronse unidades da serie 120, e desde 2009 empréganse, indistintamente, unidades S130 e S490.

En verán de 2013, Renfe detectou problemas na Serie 490 que afectaba aos bogies. Un problema similar, que se achacou á fatiga do material, afectou aos trens 4000 usado por Comboios de Portugal. Aínda que a compañía lusa optou por reparar o material, no caso de Renfe retirouse e substituíu por outro material rodante. Paulatinamente os servizos Alaris foron desaparecendo como tal en favor de servizos Intercity.

Servizos[editar | editar a fonte]

Os trens Alaris cubriron os seguintes percorridos:

Vëxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]