Onda, Castelló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Onda, Castelló
Flag of Onda Spain.svg Escudo onda.JPG
Situación xeográfica
Localización de Onda respecto ao País ValencianoLocalización de Onda respecto á comarca da Plana Baixa
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Castelló
Comarca Plana Baixa
Xeografía
Altitude 192 msnm
Superficie 108,84 km²
Poboación
Poboación 25.362 hab. (2008)
Densidade 233,02 hab./km²
Xentilicio Ondeiro/a
Información
Código postal 12200
Alcalde Enric Navarro Andreu (PSPV)
Páxina web www.ondaweb.info

Onda é un concello do País Valenciano situado na comarca da Plana Baixa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Onda está situada ao norte do País Valenciano, na comarca da comarca, provincia de Castelló. O seu termo municipal, que cos seus 108,84 km² é un dos máis grandes da provincia, atópase situado no interior, a tan só uns 20 km da costa, na zona intermedia entre a Serra d'Espadà e a chaira de La Plana, que se estende até o mar Mediterráneo. Esta situación converte a Onda nun punto estratéxico natural de entrada á Serra d'Espadán desde a costa, o que condicionou a historia de Onda e axuda a entender a importancia que no seu día tivo o seu castelo.

Dous ríos atravesan Onda, o río Millars, ao norte e afastado do núcleo urbano, e o río Sonella, ao sur e bordeando a poboación. O pantano do Sitjar, construído na canle do río Millars, atópase tamén no termo municipal. O pico máis alto do termo municipal é o Montí, con 608 m. Un montículo de 284 m, en cuxa cima se atopa o Castelo, preside a poboación.

Na paisaxe destaca a presenza de bosque mediterráneo (piñeiros, aciñeiras, sobreiras e algún albedro), alfarrobeiras, oliveiras, amendoeiras e, sobre todo, cítricos, especialmente laranxeiras, a cuxo cultivo se dedican extensas superficies do termo municipal.

Accédese a esta vila desde Castelló de la Plana tomando a CV-10 para enlazar coa CV-20.

Barrios e pedanías[editar | editar a fonte]

A maior parte da poboación concéntrase no núcleo urbano, aínda que Onda conta cunha pedanía, Artesa, situada a 1,5 km, en dirección a Tales.

Tamén existen diversos barrios (El Tosalet, Mont Blanc, Ratxolar de Matilda, Nueva Onda) situados na periferia do núcleo urbano e lixeiramente separados del.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

Onda limita con outros 9 concellos que, comezando polo norte e seguindo en sentido horario, son os seguintes: Alcora, Castelló de la Plana, Almassora, Vila-real, Betxí, Artana, Tales, Fanzara e Ribesalbes.

Demografía[editar | editar a fonte]

O número de habitantes de Onda sufriu dende 1900 dous incrementos importantes polo seu volume e rapidez. Durante finais dos anos 50 do século XX e a década de 1960 a poboación practicamente duplicouse, debido á chegada de inmigrantes provintes na súa maior parte de zonas do sur de España (Murcia, Andalucía e Albacete basicamente). Dende o ano 2000, aproximadamente, está a vivirse un novo "boom" demográfico causado tamén pola inmigración, neste caso de persoas que proveñen de Romanía, o Maghreb e América do Sur.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2007 2008
6.595 7.027 6.631 7.472 7.304 8.696 12.414 15.131 17.363 18.351 18.047 18.633 18.680 18.909 19.303 20.326 21.566 24.140 24.140

Economía[editar | editar a fonte]

As principais actividades económicas de Onda son dúas:

  • Industrias do sector cerámico. A fabricación de azulexos e pavimentos, que son exportados a todo o mundo, é o principal motor da economía ondeira.
  • Cultivo de cítricos.

Actualmente existen un grande número de polígonos industriais nos que a actividade é moi diversa: carpintaría metálica, fabricación de bañeiras e duchas, subministracións industriais, talleres de mecánica e de chapa, carpintarías etc.