Ube
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Ube na prefectura de Yamaguchi | |||
| Localización da prefectura de Yamaguchi no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chuugoku, Rexión de San'yō | ||
| Prefectura | Prefectura de Yamaguchi | ||
| Superficie | 287,71 km2 | ||
| Poboación | 174.969 (2009) | ||
| Densidade | 608 h/km² | ||
| Alcalde | Tadao Fujita | ||
Ube (宇部市, うべし, Ube-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado na parte suroeste da prefecura, na zona da provincia histórica de Nagato e da rexión de Chūgoku, extremo oeste da illa de Honshū. Ten 287,71 km² de superficie e unha poboación de 174.969 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 608 h/km². É a terceira cidade máis poboada na prefectura de Yamaguchi.
O concello de Ube limita cos concellos de San'yōonoda, de Mine e de Yamaguchi.
O Aeroporto de Yamaguchi-Ube está en Ube.
Índice |
Cidades irmandadas[editar]
Newcastle, Nova Gales do Sur, Australia (1980)
Personaxes de sona[editar]
- Naoto Kan (菅 直人, かん なおと, 1946 - ) - Político, 94º primeiro ministro do Xapón
- Tadashi Yanai (柳井 正, やない ただし, 1949 - ) - Empresario, fundador e presidente de UNIQLO
- Hideaki Anno (庵野秀明, あんの ひであき, 1960 - ) - Director de Anime