Morella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral

Morella é un concello da Comunidade Valenciana, España. Situada ao norte da provincia de Castelló, é a capital da comarca de Ports, en pleno Maestrazgo. O seu termo municipal ten 413,5 km², o terceiro en extensión da Comunidade Valenciana. Conta con 2.854 habitantes (INE 2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Morella, cidade da provincia de Castelló limítrofe coas de Teruel e Tarragona, aparece ante os ollos do visitante rodeada do encanto que lle transmiten as súas murallas centenarias e coroada pola súa robusto castelo, a máis de mil metros de altitude e con accesos a través dos portos de montaña de Torre Miró (1.259 m) e Querol (1.020 m).

O relevo abrupto e montañoso da comarca de Ports sementa o camiño para chegar a Morella atravesando barrancos, bosques de piñeiros, carrascas, carballos, ramblas e muelas.

O seu clima é mediterráneo de alta montaña, con veráns frescos e invernos moi frios con xeadas frecuentes e abundantes nevadas. Durante os meses máis centrais do inverno, o forte vento de mistral, que frecuentemente sopra nesta zona, provoca que a sensación térmica descenda en numerosas ocasións duns -20°C.

A N-232 é o eixo de comunicación de Morella con Zaragoza e Logroño. Así mesmo, esta estrada conecta Morella cos destinos turísticos valencianos do litoral, coa Autoestrada do Mediterráneo (A-7) e coa estrada N-340. Desde Castelló, tamén se pode acceder á cidade pola N-238 que enlaza posteriormente coa N-232 en dirección a Morella.

Historia[editar | editar a fonte]

Empolicada espectacularmente na ladeira dunha montaña, a cidade amurallada de Morella, a antiga Castra Aelia dos romanos e feudo do carlismo en tempos do xeneral Cabrera, señorea a paisaxe do Alto Maestrazgo. Morella pode exhibir unha historia tan antiga como ilustre.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2005 2007 2008
2.996 2.850 2.859 2.797 2.719 2.711 2.752 2.782 2.815 2.863 2.854

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Castelo de Morella
  • Igrexa de Santa María
  • Convento de San Francisco
  • Igrexa de San Nicolás
  • Castelo de Morella
  • Murallas medievais
  • Acueduto de Santa Lucía
  • Casa do concello
  • Casas solariegas
  • Covas prehistóricas de Morella La Vella

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morella