Pepu Hernández
José Vicente Hernández Fernández, máis coñecido como Pepu Hernández, nado en Madrid o 11 de febreiro de 1958, é un adestrador de baloncesto. Tras unha vida dedicada ó Estudiantes, encargouse da selección española no Mundobasket 2006, onde gañou o primeiro ouro español. Ademais, impartiu numerosos cursiños e clínics sobre adestramento.
Índice |
Vida [editar]
Pepu Hernández estudou no Instituto Ramiro de Maeztu a ensinanza preparatoria e o bacharelato, para despois comezar a carreira de Ciencas da Información na Universidade Complutense de Madrid, que abandonaría para dedicarse completamente ó baloncesto.
Xogou nas categorías base do Estudiantes dende alevíns até xuvenís. Con 16 anos, en 1974, comezou a adestralas, pasando polos alevíns, infantís, xuvenís e juniors. Pasou ó primeiro equipo como segundo adestrador en 1990, tomando o posto de adestrador principal en decembro de 1994, substituíndo a Miguel Ángel Martín. Estaría no posto até a tempada 2004-2005, cunha breve paréntese na tempada 2001-2002, cando asumiu o posto de Director Deportivo, sendo substituído na bancada por Carlos Sáinz de Aja. Foi tamén adestrador axudante de Ignacio Pinedo na selección española junior.
A principios de 2006, a Federación Española de Baloncesto designouno como adestrador da selección española, tendo que deixar o Estudiantes, clube que lle concede a súa insignia de ouro e brillantes en xaneiro dese ano.
No mundial de baloncesto de 2006, en Xapón, consigue o ouro tras un gran campionato, no que a selección non caeu derrotada en ningún partido. Horas antes da final, o seu pai fina, pero el decide non comunicarllo ó cadro de xogadores para que non lles afecte moralmente.
Na celebración do título, na Praza de Castilla de Madrid, dixo: "Os voy a decir una palabra. Y escuchadla bien, porque va a ser una palabra muy importante: ba-lon-ces-to." ("Vou a diciros unha palabra. E oídea ben, porque vai ser unha palabra moi importante: ba-lon-ces-to")[1].
Como parte da selección, é galardoado co Premio Príncipe de Asturias ós Deportes no 2006.
Filosofía de traballo [editar]
Pode dicirse que a súa filosofía do baloncesto baséase na énfase na actividade, con e sen balón, dos cinco xogadores na cancha, na actitude, na defensa, no contraataque e en non ter roles ríxidos. Tamén intenta extrae-las mellores características de cada xogador para beneficir ó funcionamento do conxunto do equipo.
Palmarés [editar]
Selección española [editar]
- Medalla de ouro no Campionato mundial de baloncesto de 2006 en Xapón coa selección española.
CB Estudiantes [editar]
- Campión da Copa do Rei ACB no 2000 con Adecco Estudiantes.
- Subcampión da Liga ACB na tempada 2003-2004 con Estudiantes.
- Subcampión da Copa Korac 1998-99 con Estudiantes.
- Nomeado Mellor Adestrador da tempada 2003-2004 en votación dos adestradores ACB.
Notas [editar]
- ↑ "Las declaraciones de Pepu en la Plaza de Castilla", artigo no xornal Marca (en castelán).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Semblanza de Pepu Hernández no Diario As (en castelán).
