SL Benfica (baloncesto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benfica Basket
Liga Liga Portuguesa de Baloncesto
Fundado en 1927
Historia 1927-presente
Pavillón Pavilhão Açoreana Seguros
(2400 espectadores)
Cidade Lisboa, Portugal Flag of Portugal.svg
Cores Vermello, Branco
Presidente Flag of Portugal.svg Luís Filipe Vieira
Adestrador Flag of Portugal.svg Carlos Lisboa
Títulos 25 Ligas
19 Copas
11 Supercopas
6 Copas da Liga
3 Copa Hugo dos Santos
4 Trofeo António Pratas
Web

O Benfica Basket é a sección profesional de baloncesto do Sport Lisboa e Benfica, un club polideportivo da cidade de Lisboa, Portugal. Adoitaba xogar na Liga Portuguesa de Baloncesto, mais en Xuño de 2007, o club decidiu abandonar a máxima competición lusa para participar na tempada 2007-08 na Proliga, a segunda categoría do baloncesto portugués, unha competición organizada pola Federação Portuguesa de Basquetebol. Na tempada 2008-09, o Benfica Basket decidiu retornar á LPB.

O Benfica é un dos mellores clubs de Portugal. A pesares de que o baloncesto non conta coa mesma popularidade que o fútbol, o Benfica mantén en baloncesto unha forte rivalidade co F.C. Porto, ao igual que ocorre coas dúas seccións de fútbol.

En Xuño de 2009, o Benfica converteuse en campión nacional logo de catorce anos sen acadar ningunha liga.

En Maio de 2012, o Benfica converteuse en campión nacional.

Historia[editar | editar a fonte]

A sección de baloncesto do Sport Lisboa e Benfica foi fundada en 1927, o baloncesto seguiu os pasos de moitas outras seccións do club, acadando pronto un grande éxito.

O período de maior éxito do club tivo lugar entre 1985 e 1995, cando acadou dous récords nacionais: o da conquista consecutiva de campionatos nacionais durante sete tempadas, e o da conquista de máis campionatos durante un período temporal (10 títulos en 11 anos), liderados por Carlos Lisboa, considerado o mellor xogador portugués de baloncesto da historia. O concurso europeo tamén tivo momentos brillantes, coma o acceso á fase final da Liga de Campións en 1993 e 1994. Obtivo ademais algunhas vitorias fronte a clubs de maior categoría coma o Real Madrid, o Joventut de Badalona (da Liga ACB), e o Panathinaikos entre outros. Un dos momentos máis significativos tivo lugar o 4 de decembro de 1993, fronte aos italianos do Buckler Bologna, coa vitoria en Lisboa, no Pavilhão da Luz, por 102-90 na Euroliga.

Realizou a mellor tempada dun club portugués de baloncesto na 1994-95, gañando a LPB, Copa da Liga, Supercopa de Portugal, Copa de Portugal e rematando a Copa de Campións de baloncesto entre os 16 mellores clubs europeos. Logo de máis dunha década sen acadar ningún título, na tempada 2008-09 gañaron a LPB cun pleno de vitorias na liga regular, converténdose no segundo equipo do mundo en conseguilo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]

Web oficial