José Miguel Antúnez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Miguel Antúnez
Posición Base
Dorsal # 9
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso 80 kg (176 lb)
Nacemento 21 de febreiro de 1967 (47 anos)
Flag of Spain.svg Madrid, España
Carreira
Tempadas 19892004
Canteira Estudiantes Madrid
Internacional 45 veces
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     4 541 (7,6 pp)
Asistencias     1 423 (2,4 pp)
Roubos     710 (1,2 pp)
Premios

José Miguel Antúnez Melero, nado o 21 de febreiro de 1967 en Madrid, é un ex-xogador profesional de baloncesto internacional español formado na canteira do Club Baloncesto Estudiantes. Cunha estatura de 1,83 metros xogaba na posición de base.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de formarse e xogar en Estudiantes, José Miguel Antúnez estivo no Real Madrid sete tempadas, dende a 1991-92 até a 1997-98. O seu físico e capacidade defensiva permitíronlle competir sempre a gran nivel. Xunto a José Lasa, formou unha parella de bases que soubo complementarse á perfección, dirixindo o xogo dun equipo cheo de talento, con nomes da categoría de Arvydas Sabonis, José Biriukov, Antonio Martín e Joe Arlauckas. Fóra da disciplina do equipo branco gozou nos seus últimos días como baloncestista dun máis que digno papel no Breogán de Lugo, onde despregou con maior liberdade todo o baloncesto que aínda lle quedaba dentro.

Equipos[editar | editar a fonte]

Internacionalidades[editar | editar a fonte]

  • Selección de España Junior.
  • Selección de España sub-22.
  • Selección de España. 45 partidos.
  • Selección de Europa. Un partido.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

  • 1991-92 Copa de Europa (ex Recopa). Real Madrid. Campión.
  • 1992-93 ACB. Real Madrid . Campión.
  • 1992-93 Copa do Rei. Real Madrid. Campión.
  • 1993-94 ACB. Real Madrid. Campión.
  • 1994-95 Liga Europea. Real Madrid . Campión.
  • 1996-97 ACB. Real Madrid. Subcampión.
  • 1996-97 Eurocopa. Real Madrid . Subcampión.

Internacional[editar | editar a fonte]

  • 1989 Campionato do Mundo sub-22. Selección de España sub-22 A. Andorra (Teruel). Medalla de Ouro.
  • 1991 Eurobasket. Selección de España. Roma. Medalla de Bronce.

Logros[editar | editar a fonte]

  • 30-12-99 ACB. Convértese en "histórico" da ACB mentres xogaba no Breogán ao superar os 12.000 minutos xogados.
  • Xogador que máis asistencias repartiu na historia do Real Madrid.
  • Sexto xogador que máis asistencias repartiu na historia do Club Baloncesto Breogán.

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Varios[editar | editar a fonte]

  • 28-06-04. Retirada da práctica activa.
  • Comentarista dos partidos da liga ACB en Telemadrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]