Copa Príncipe de Asturias de baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa do Príncipe de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.

A competición tivo prestixio nas súas primeiras edicións, entre as tempadas 1985-1986 e 1990-1991, cando participaron os equipos da ACB. De 1986-1987 a 1990-1991 foi conquistada por equipos cataláns: tres veces polo Joventut de Badalona e unha polo F.C. Barcelona. Diversos problemas provocaron que se deixase de celebrar durante cinco anos. A Copa do Príncipe volveu disputarse a partir da tempada 1996-1997. Desde entón, celébrase anualmente aínda que só coa participación dos equipos da LEB.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Sede Campión Subcampión Resultado MVP
1984-1985 Villanueva de la Serena Caja de Álava CAI Zaragoza 93-85 -
1985-1986 Alcora CB Estudiantes Cacaolat Granollers 89-82 -
1986-1987 Vigo Ron Negrita Joventut TDK Manresa 99-80 -
1987-1988 Mallorca FC Barcelona Real Madrid 92-90 -
1988-1989 Ferrol Ram Joventut FC Barcelona 84-80 -
1990-1991 A Coruña Montigalà Joventut Fórum Valladolid 72-52 -
1996-1997 Torrelavega Caja Cantabria Gijón Baloncesto 71-68 Bob Harstad
1997-1998 Pineda de Mar Baloncesto Fuenlabrada Bàsquet Inca 91-71 Velimir Perašović
1998-1999 Alacant Caja Rural Melilla Menorca Bàsquet 93-85 José María Panadero
1999-2000 Granada Club Ourense Baloncesto Tenerife Atún de Canarias 76-64 Jesús Fernández
2000-2001 Melilla Caja Rural Melilla Minorisa Manresa 92-88 Alberto Alzamora
2001-2002 Ourense Lucentum Alicante Tenerife CB 73-55 Larry Lewis
2002-2003 Inca Unelco Tenerife Bilbao Basket 70-55 Iván Rodríguez
2003-2004 Zaragoza CAI Zaragoza Plasencia Galco 89-82 Matías Lescano
2004-2005 Huesca Baloncesto Fuenlabrada IBB Hoteles Menorca 75-74 Tom Wideman
2005-2006 Palma Polaris World Murcia Drac Inca 78-60 Juanjo Triguero
2006-2007 Melilla Climalia León Alerta Cantabria 92-71 Paolo Quinteros
2007-2008 Zaragoza CB Breogán Alicante Costa Blanca 94-91 Roberto Morentin
2008-2009 Alacant Alicante Costa Blanca CB Melilla 95-60 Txemi Urtasun
2009-2010 Melilla Melilla Baloncesto Vive Menorca 79-72 Taylor Coppenrath
2010-2011 Santiago de Compostela Obradoiro CAB CB Murcia 81-78 Alberto Corbacho
2011-2012 San Cristóbal de la Laguna Iberostar Canarias Ford Burgos 93-85 Nacho Yáñez
2012-2013 Burgos Ford Burgos River Andorra 73-67 Isaac López
2013-2014 Andorra a Vella River Andorra MoraBanc Quesos Cerrato Palencia 77-61 Jordi Trias


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]