Liga ACB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "ACB")
Liga ACB
Fundación 1957 (Liga Nacional)
Rexión España España
(FIBA Europa)
Equipos 18
Actual campión Real Madrid (31º)
Máis laureado Real Madrid (31 títulos)
Televisión TVG (en galego)
TVE, FORTA
Organizador ACB
Sitio web www.acb.com
Current basketball.svg ACB 2014-15

A Liga ACB ou Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo abreviado como ACB, coñecida como Liga Endesa por motivos de patrocinio, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Foi fundada en 1957 co nome de "Liga Nacional", cambiando o seu nome ao actual en 1983. A liga está clasificada como unha das tres ligas locais de nivel "A" polo ranking da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), xunto coa Lega italiana e a HEBA grega.

A Liga ACB está considerada como unha das mellores ligas de baloncesto profesional de Europa e mesmo do mundo enteiro. A competición, que se xoga baixo as normas da FIBA, está composta actualmente por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden automaticamente á Liga LEB.

Historia[editar | editar a fonte]

Liga Española de Baloncesto[editar | editar a fonte]

A Primeira División da "Liga Española da EBA", disputada entre 1957 e 1983, foi unha "liga" no sentido estrito da palabra. Non había play-off. Todos os participantes (cuxo número foi aumentando cos anos) enfrontábanse entre si de acordo ao calendario establecido por un sorteo a principio de tempada. Cando todos os equipos enfrontáronse ao resto, iniciábase a "segunda volta". Os equipos volvíanse a enfrontar entre eles, seguindo o mesmo orde do calendario, pero alterando o campo no que xogaban. Desta maneira, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.

A vitoria valía dous puntos e o empate un punto (naquel tempo o regulamento do baloncesto contemplaba o empate a puntos). Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión, e gañaba a posibilidade de participar na Copa de Europa de Baloncesto, organizada pola FIBA. Os equipos clasificados en segundo, terceiro e cuarto lugar eran convidados a disputar a Copa Korac, agás se algún deles gañara a Copa do Rei de Baloncesto, nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa de Baloncesto. O tres últimos clasificados descendían á "Primeira División B" da liga e deixaban a súa praza ao tres primeiros clasificados desta, que ascendían de categoría.

Durante as 27 tempadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Tan só en cinco ocasiones foi destronado, e sempre por equipos cataláns: o FC Barcelona en tres ocasiones, e o Joventut Badalona en dous.

Liga da Asociación de Clubs de Baloncesto[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Española de Baloncesto disputada ata entón, e organizada pola Federación Española de Baloncesto. Está formada por 18 equipos que xogan unha liga na que cada equipo enfróntase dúas veces a tódolos demais (partido de ida e partido de volta), á que se denomina liga regular. Os sete equipos que lideran a clasificación trala primeira volta, máis un equipo anfitrión da cidade onde se celebre, enfróntanse na Copa do Rei de Baloncesto que se disputa en partidos únicos eliminatorios (cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sé todos eles, disputando o torneo nun único fin de semana entre os mellores equipos, o que lle da espectacularidade e emoción a esta competición.

Ao final da tempada regular da liga, os 8 equipos que máis partidos gañen enfróntanse no Play Off, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na liga regular, e disputan eliminatorias ao mellor de 5 partidos. Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación da tempada regular, é dicir, o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da ACB.

O gran dominador da Liga ACB desde a súa fundación, en 1983, foi o Barcelona, que gañou 13 das 28 edicións celebradas. Desde a creación da mesma, só cinco equipos disputaron tódalas edicións: Barcelona, Real Madrid, Joventut, Estudiantes e Baskonia. En 1991 a ACB foi unha das asociacións impulsoras e fundadoras da ULEB, a Asociación de Ligas Europeas de Baloncesto, que deu lugar á creación da Euroliga e a Copa ULEB, competicións independentes da FIBA. O presidente da ACB é o catalán Eduardo Portela que, á súa vez, preside a ULEB desde 1998.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Posto Clasificación
Play-off polo título de liga
9º-16º
17º Descenso á Liga LEB Ouro
18º

A Liga ACB está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un enfróntase dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante).

Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei. Pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute xa que unha das prazas é para un equipo ACB anfitrión da cidade que organiza o torneo. Dispútase a partido único (sete encontros: cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.

Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play-offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ACB.

Os dous últimos clasificados descenden directamente á Liga LEB.

Participantes 2014-2015[editar | editar a fonte]

Equipo Adestrador Localidade Pavillón Capacidade
Baloncesto Sevilla Flag of the United States.svg Scott Roth Sevilla Palacio de Deportes San Pablo 10.200
Bilbao Basket España Sito Alonso Bilbao Bilbao Arena 10.014
CAI Zaragoza España Joaquín Ruiz Lorente Zaragoza Pavillón Príncipe Felipe 10.744
FC Barcelona España Xavier Pascual Barcelona Palau Blaugrana 8.250
FIATC Joventut España Salva Maldonado Badalona (Barcelona) Palau Municipal d'Esports 12.500
Gipuzkoa Basket España Jaume Ponsarnau Donostia Donostia Arena 2016 11.000
Herbalife Gran Canaria España Aíto García Reneses As Palmas de Gran Canaria Gran Canaria Arena 9.865
Iberostar Tenerife España Alejandro Martínez La Laguna (Tenerife) Pavillón Insular Santiago Martin 5.100
Laboral Kutxa Italia Marco Crespi Vitoria-Gasteiz Fernando Buesa Arena 15.504
La Bruixa d'Or España Pedro Martínez Manresa (Barcelona) Nou Congost 5.000
Montakit Fuenlabrada España Luis Casimiro Fuenlabrada (Madrid) Polideportivo Fernando Martín 5.000
MoraBanc Andorra España Joan Peñarroya Andorra la Vella Poliesportiu d'Andorra 3.000
Real Madrid España Pablo Laso Madrid Palacio de los Deportes 13.500
Río Natura Monbús Galicia Moncho Fernández Santiago de Compostela Multiusos Fontes do Sar 5.060
Tuenti Móvil Estudiantes España Txus Vidorreta Madrid Palacio de los Deportes 13.500
UCAM Murcia España Diego Ocampo Murcia Palacio de Deportes de Murcia 7.454
Unicaja Málaga España Joan Plaza Málaga José María Martín Carpena 10.233
Valencia Basket Croacia Velimir Perasović Valencia Pavelló Font de San Lluís 9.000


Participantes 1957-2011[editar | editar a fonte]

Historial[editar | editar a fonte]

Liga ACB[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Resultado MVP da final MVP da Liga
2013-2014 FC Barcelona Real Madrid
3-1
España Juan Carlos Navarro, (FC Barcelona) España Justin Doellman, (Valencia Basket)
2012-2013 Real Madrid FC Barcelona
3-2
España Felipe Reyes, (Real Madrid) España Nikola Mirotić, (Real Madrid)
2011-2012 FC Barcelona Real Madrid
3-2
Flag of Slovenia.svg Erazem Lorbek, (FC Barcelona) Flag of the United States.svg Andy Panko, (Lagun Aro GBC)
2010-2011 FC Barcelona Bizkaia Bilbao Basket
3-0
España Juan Carlos Navarro, (FC Barcelona) España Fernando San Emeterio, (Caja Laboral)
2009-2010 Caja Laboral FC Barcelona
3-0
Flag of Brazil.svg Tiago Splitter, (Caja Laboral) Flag of Brazil.svg Tiago Splitter, (Caja Laboral)
2008-2009 FC Barcelona Tau Vitoria
3-1
España Juan Carlos Navarro, (FC Barcelona) España Felipe Reyes, (Real Madrid)
2007-2008 Tau Vitoria FC Barcelona
3-0
Flag of the United States.svg Pete Mickeal, (Tau Cerámica) España Marc Gasol, (Akasvayu Girona)
2006-2007 Real Madrid FC Barcelona
3-1
España Felipe Reyes, (Real Madrid) Flag of Argentina.svg Luis Scola, (Tau Cerámica)
2005-2006 Unicaja Tau Vitoria
3-0
España Jorge Garbajosa, (Unicaja) España Juan Carlos Navarro, (FC Barcelona)
2004-2005 Real Madrid Tau Vitoria
3-2
Flag of the United States.svg Louis Bullock, (Real Madrid) Flag of Argentina.svg Luis Scola, (Tau Cerámica)
2003-2004 FC Barcelona Estudiantes
3-2
Serbia e Montenegro Dejan Bodiroga, (FC Barcelona) Flag of Argentina.svg Andrés Nocioni, (Tau Cerámica)
2002-2003 FC Barcelona Pamesa Valencia
3-0
Flag of Lithuania.svg Šarūnas Jasikevičius, (FC Barcelona) Flag of Argentina.svg Walter Herrmann, (Baloncesto Fuenlabrada)
2001-2002 Tau Vitoria Unicaja Málaga
3-0
Flag of the United States.svg Elmer Bennett, (Tau Cerámica) Flag of the United States.svg Tanoka Beard, (Joventut)
2000-2001 FC Barcelona Real Madrid
3-0
España Pau Gasol, (FC Barcelona) Flag of the United States.svg Lou Roe, (Gijón Baloncesto)
1999-2000 Real Madrid FC Barcelona
3-2
España Alberto Angulo, (Real Madrid) Flag of the United States.svg Darryl Middleton, (Casademont Girona)
1998-1999 FC Barcelona Caja San Fernando
3-0
Flag of the United States.svg Derrick Alston, (FC Barcelona) Flag of the United States.svg Tanoka Beard, (Real Madrid)
1997-1998 TDK Manresa Tau Vitoria
3-1
España Joan Creus, (TDK Manresa) Serbia e Montenegro Dejan Bodiroga, (Real Madrid)
1996-1997 FC Barcelona Real Madrid
3-2
España Roberto Dueñas, (FC Barcelona) Flag of the United States.svg Kenny Green, (Tau Cerámica)
1995-1996 FC Barcelona Caja San Fernando
3-0
España Xavi Fernández, (FC Barcelona) Flag of the United States.svg Michael Anderson , (Caja San Fernando)
1994-1995 FC Barcelona Unicaja
3-2
Flag of the United States.svg Mike Ansley, (Unicaja) Flag of Lithuania.svg Arvydas Sabonis, (Real Madrid)
1993-1994 Real Madrid FC Barcelona
3-0
Flag of Lithuania.svg Arvydas Sabonis, (Real Madrid) Flag of Lithuania.svg Arvydas Sabonis, (Real Madrid)
1992-1993 Real Madrid Joventut
3-2
Flag of Lithuania.svg Arvydas Sabonis, (Real Madrid) Flag of the United States.svg Darryl Middleton, (Valvi Girona)
1991-1992 Joventut Real Madrid
3-2
Flag of the United States.svg Mike Smith, (Joventut) Flag of the United States.svg Darryl Middleton, (Valvi Girona)
1990-1991 Joventut FC Barcelona
3-1
Flag of the United States.svg Corny Thompson, (Joventut) ---
1989-1990 FC Barcelona Joventut de Badalona
3-0
--- ---
1988-1989 FC Barcelona Real Madrid
3-2
--- ---
1987-1988 FC Barcelona Real Madrid
3-2
--- ---
1986-1987 FC Barcelona Joventut
3-1
--- ---
1985-1986 Real Madrid FC Barcelona
2-0
--- ---
1984-1985 Real Madrid Joventut
2-1
--- ---
1983-1984 Real Madrid FC Barcelona
2-1
--- ---


Liga Nacional[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Máximo Anotador
1956-57 Real Madrid CF (17) FC Barcelona (17) España Alfonso Martínez (Real Madrid) 18,00
1957-58 Real Madrid CF (32) Juventud de Badalona (29) España Alfonso Martínez (Real Madrid) 17,22
1958-59 FC Barcelona (40) Real Madrid CF (38) España Emiliano Rodríguez (Aismalíbar) 17,23
1959-60 Real Madrid CF (40) Joventut (33) España Juan Ramón Báez (Real Madrid) 19,95
1960-61 Real Madrid CF (42) BC Sabadell (30) España Francesc Llobet (Sabadell) 20,45
1961-62 Real Madrid CF (36) Joventut (31) Flag of the United States.svg Wayne Hightower (Real Madrid) 19,72
1962-63 Real Madrid CF (11) Estudiantes (9) España Emiliano Rodríguez (Real Madrid) 19,94
1963-64 Real Madrid CF (18) Picadero JC (16) España Emiliano Rodríguez (Real Madrid) 22,68
1964-65 Real Madrid CF (27) Picadero JC (25) España Lorenzo Alocén (Helios) 24,21
1965-66 Real Madrid CF (34) Picadero JC (33) Flag of the United States.svg Miles Aiken (Águilas) 23,94
1966-67 Joventut (38) Real Madrid CF (38) España Alfonso Martínez (Joventut) 22,05
1967-68 Real Madrid CF (38) Estudiantes (36) España Clifford Luyk (Real Madrid) 24,30
1968-69 Real Madrid CF (37) Joventut (33) Flag of the United States.svg Charles Thomas (San José) 25,59
1969-70 Real Madrid CF (38) Picadero JC (37) Flag of the United States.svg Charles Thomas (San José) 24,05
1970-71 Real Madrid CF (42) Joventut (42) España Alfredo Pérez (Breogán Lugo) 27,05
1971-72 Real Madrid CF (42) FC Barcelona (38) España Gonzalo Sagi-Vela (Estudiantes) 21,59
1972-73 Real Madrid CF (60) Joventut (52) España Alfredo Pérez (Breogán Lugo) 23,23
1973-74 Real Madrid CF (55) FC Barcelona (46) Flag of the United States.svg John Coughran (YMCA) 31,71
1974-75 Real Madrid CF (40) FC Barcelona (38) Flag of the United States.svg Ray Price (Baskonia) 32,18
1975-76 Real Madrid CF (40) FC Barcelona (30) Flag of the United States.svg Bob Fullarton (Breogán Lugo) 30,25
1976-77 Real Madrid CF (42) FC Barcelona (41) Flag of the United States.svg Bob Guyette (FC Barcelona) 31,95
1977-78 Joventut (40) Real Madrid CF (38) Flag of the United States.svg Essie Hollis (Askatutak) 39,18
1978-79 Real Madrid CF (40) FC Barcelona (34) Flag of the United States.svg Webb Williams (Baskonia) 33,41
1979-80 Real Madrid CF (40) FC Barcelona (38) Flag of the United States.svg Nate Davis (Valladolid) 29,73
1980-81 FC Barcelona (40) Estudiantes (38) Flag of Canada.svg Lars Hansen (OAR Ferrol) 27,58
1981-82 Real Madrid CF (50) FC Barcelona (48) Flag of the United States.svg Larry McNeil (Canarias) 33,81
1982-83 FC Barcelona (50) Real Madrid CF (50) Flag of the United States.svg Claude Gregory (Baskonia) 29,46


Táboa histórica da ACB[editar | editar a fonte]

Táboa histórica de resultados da Liga ACB dende a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto
Equipo 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 Anos Vitorias Títulos
600px Catalano azulgrana.png FC Barcelona 1 1 1 2 3 4 3 3 2 1 1 1 1 1 5 2 1 1 2 3 6 2 1 1 1 1 2 2 2 29 927 14
600px Bianco viola reale.png Real Madrid 2 2 3 4 1 2 6 2 5 10 3 2 2 2 2 1 2 4 1 1 4 4 2 2 2 4 1 1 1 29 856 8
600px Blu e Rosso (Strisce)2.png Saski Baskonia 3 4 2 1 4 1 2 1 1 6 4 3 5 4 1 5 8 3 10 9 7 5 7 7 11 11 9 8 8 29 716 3
600px Verde e Nero.png Joventut Badalona 11 13 11 5 2 3 4 7 8 7 9 14 11 10 4 4 13 14 4 2 1 1 3 3 4 2 3 3 5 29 665 2
600px Giallo e Blu2.png CB Estudiantes 17 12 7 13 14 9 8 6 4 4 6 6 3 5 3 3 4 7 6 4 5 3 5 11 5 5 5 9 13 29 610 -
600px Verde Con Striscia Bianca.png CB Málaga 9 8 5 3 8 8 1 4 6 3 2 4 8 9 8 7 3 2 12 6 17 13 4 4 16 15 10 27 566 1
Blu e Arancione.svg Valencia BC 4 3 4 7 5 7 9 9 3 2 5 5 6 6 7 11 18 9 7 9 12 9 16 23 461 -
600px Viola con banda gialla.png CB Valladolid 18 9 13 17 16 14 12 11 16 10 8 12 13 9 15 16 11 17 18 8 7 6 17 7 13 11 5 12 28 406 -
600px Rosso con striscia Bianca.png CB Sevilla 7 11 6 14 10 13 11 10 12 12 12 12 4 3 13 9 7 10 10 5 16 15 15 23 393 -
600px Bianco e Rosso.png Bàsquet Manresa 12 15 12 10 11 17 13 9 13 17 11 6 8 6 6 3 13 15 18 24 23 13 9 10 16 25 391 1
600px Giallo e Nero Diagonale.png CB Gran Canaria 14 5 8 6 9 6 5 8 7 5 16 13 7 14 10 12 14 21 20 18 14 21 338 -
600px Rosso.png CB Sant Josep 7 5 7 16 13 15 11 9 10 8 12 14 11 17 19 16 13 8 18 21 20 314 -
  • A táboa está composta polos 12 equipos que disputaron polo menos 20 edicións da liga ACB, e que acadaron polo menos 300 vitorias. En cor vermello, o campión de cada edición. O número indica a posición final de cada equipo ó remate da tempada regular. En cor verde, as cifras récord.


Palmarés[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Campión Subcampión
1 Real Madrid 31 10
2 FC Barcelona 17 18
3 Joventut de Badalona 4 10
4 Saski Baskonia 3 4
5 CB Málaga 1 2
6 Bàsquet Manresa 1 0
7 CB Estudiantes 0 4
Picadero JC 0 4
9 CB Sevilla 0 2
10 BC Sabadell 0 1
Valencia BC 0 1
CB Bilbao Berri 0 1


Récords da ACB[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]