Brno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brno.
Vista da Catedral de San Pedro e San Paulo (Petrov).

Brno é a segunda cidade en importancia da República Checa, cunha poboación de 388.000 habitantes aproximadamente. Está situada no sueste da república, a 40 km de Austria e 60 km de Eslovaquia, na rexión de Moravia, na unión dos ríos Svitava e Svratka.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Aínda que os asentamentos na conca de Brno remontan ós tempos prehistóricos, a data oficial de fundación é 1243, cando o rei de Bohemia outorga privilexios a esta aldea, permitindo o seu desenvolvemento. Na segunda metade do século XIII chegan alemáns, flamencos e valóns, e despois xudeus.

A inicios do século XVI integrase ao imperio austríaco. A mediados deste século inclínase pola reforma (protestantismo). Para contrarrestar instálanse na cidade varias ordes relixiosas, entre elas os Xesuítas e os Capuchinos.

Como praza forte, Brno destacou con éxito na súa resistencia contra os suecos en 1643 e 1645, e contra os prusianos en 1742.

No século XVIII Brno alberga industria téxtil e de enxeñaría. Chega o primeiro tren en 1839. Ós poucos perde as súas fortificacións e en 1850 deciden formar parte da cidade 32 municipios limítrofes. Convértese nun dos principais centros industriais de Austria cara o final do século XIX.

O problema dos nacionalismos alemáns e checos agudízase a inicios do século XX. A maioría alemá no concello finaliza en 1919. Ao disolverse o imperio austro-húngaro, como consecuencia da Primeira Guerra Mundial, Brno queda en Checoslovaquia. En 1992, cando se divide o estado, Brno permanece na República Checa. A anexión de parte de Checoslovaquia por Alemaña e as accións da Segunda Guerra Mundial provocan a expulsión dos habitantes alemáns da cidade en 1945.

Aínda conserva Brno factorías do comezo da revolución industrial, o que lle val o sobrenome de Manchester checo. Outro interese turístico é a Vila Tugendhat, obra de Ludwig Mies van der Rohe, mostra sobranceira de arquitectura contemporánea, construída nos anos 1920 por encargo da familia dun importante empresario da vila, e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brno

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]