KK Crvena zvezda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KK Crvena zvezda
КК Црвена звезда
Timeout Zvezda.JPG
Competición NLB League
Naša Sinalko Liga
Fundado 1945
Cidade Flag of Serbia.svg Belgrado (Serbia)
Pavillón Hala Pionir (8.150)
Cores           Vermello e branco
Presidente Vladislav Lučić
Adestrador Aleksandar Trifunović
Saporta 1 (1974)
Liga 15 (1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953 1954, 1955, 1969, 1972, 1993, 1994, 1998)
Copa 5 (1971, 1973, 1975, 2004, 2006)
Alcume Zvezda (Estrela)
Crveno-beli (Albivermellos)
Seareiros Delije
Uniforme Kit body kkzvezda.png
Kit body kkzvezda away.png
Sitio Web www.kkcrvenazvezda.rs

O Košarkaški klub Crvena zvezda (en serbio: Кошаркашки клуб Црвена звезда, Club de Baloncesto Estrela Vermella) é un equipo profesional de baloncesto de Belgrado (Serbia) fundado en 1945. O nome de Crvena zvezda significa Estrela Vermella, e forma parte da Sociedade Deportiva Estrela Vermella de Belgrado.

O Crvena zvezda é xunto co Partizan Belgrado, o primeiro club de baloncesto de Belgrado, e de Serbia en xeral, en número de títulos acadados, con 15 títulos de liga. Porén, o Estrela Vermella acadou menos éxitos internacionais que o Partizan, ao conquistar só unha Recopa de Europa en 1974, pese a ter disputado dúas finais máis da Recopa e dúas finais da Copa Korać.

Compite na Sinalko Superleague, a liga nacional de Serbia, que determina que equipos serbios xogan a Euroliga e cales a ULEB Eurocup. Tamén é membro da Adriatic Basketball Association, polo que tamén xoga na Liga do Adriático. Disputa os seus encontros no pavillón Pionir Hall de Belgrado, inaugurado en 1973. A cancha, que conta cunha capacidade para 8.150 espectadores, compártea cos seus rivais da cidade, o KK Partizan. Os fans do Crvena zvezda son coñecidos como "Delije".

Índice

Historia[editar]

Comezos e dinastía (1940-1950)[editar]

Ao gañar o primeiro dos seus dez títulos de liga consecutivos trala Segunda Guerra Mundial, a época dourada do Estrela Vermella comezou. Ningunha selección nacional nacional podería imaxinarse sen sete ou oito xogadores de baloncesto do Estrela Vermella e no seu quinteto titular aparecen xogadores como Nebojša Popović, Tulio Roklicer, Aleksandar Gec, Ladislav Demšar ou Srđa Kalember. O seu estilo era único, e fixo que o baloncesto en Serbia se volvese máis popular, logrando os primeiros grandes resultados internacionais para a antiga Iugoslavia.

O equipo xogaba nunha cancha descuberta en plena fortaleza de Kalemegdan, na cidade alta de Belgrado, a grandeza deste equipo non pode negarse. Foron os pioneiros do baloncesto iugoslavo e alcanzaron resultados sorprendentes, entretendo á audiencia co seu estilo de xogo, do mesmo xeito que coa súa harmonía equipo tanto dentro como fóra da cancha. Despois dunha década chea de éxitos, o seu xogo comezou a declinar, o cambio xeracional chegou e o Estrela Vermella non volveu gañar ningún título en catorce longos anos.

Un xigante renace (1960-1970)[editar]

Despois de moito tempo de espera, o undécimo título foi gañado na tempada 1968-69, cando a Estrela Vermella gañou os seis partidos disputados durante a tempada contra Jugoplastika, Zadar e o Partizan, por tanto demostrando ser mellor que os seus tres grandes rivais. Encabezados por Vladimir Cvetkovic, o título foi gañado por Kapičić, Lazarević, Sarjanović, Simonović, Skulić, Slavnić, Pavlović, Đurić, Todosijević, Vučinić e Kapetanović. Nese momento foron o equipo con menos media de idade en gañaren o campionato de baloncesto iugoslavo.

O duodécimo título gañouse na tempada 1971-72, despois de que o éxito Zvezda na liga se fose deteriorando progresivamente. Nos anos 70 o club gañou a Copa de Iugoslavia en tres ocasións, destacando neses anos os xogadores por Slavnić, Simonović, Kapičić, Vučinić e Živković. Esta xeración de xogadores definitivamente fallou á hora de certificar o seu talento ao gañar tan só dúas ligas e tres copas nacionais. Con todo, considerábaselles capaces de atinxiren moito máis.

Novo regreso (1990)[editar]

Os primeiros anos 90 caracterizáronse polos play-off finais contra o seu eterno rival, o Partizan, en 1992, perdendo finalmente dirixidos polo adestrador Dušan Vujošević. Con todo, o décimo terceiro título de liga foi gañado, despois dun intervalo de vinte e un anos, en 1993, tras gañar no quinto partido da final ao Partizan. Os xogadores que gañaron ese campionato son: Obradović, Ilić, Jovanović, Marinković, Jovanović, Lisica, Tomašević, Vidačič, Trifunović, Cvetković, Kaličanin e Stojaković (daquela só un mozo). Na seguinte tempada o Estrela Vermella gañou o seu décimo cuarto título de liga, literalmente, sen ningún problema. Na final dos playoffs varreron ao Partizan por 4 a 1.

O Zvezda gañou o campionato de liga por décimo quinta vez en 1998. Nos playoffs finais o Estrela Vermella venceu ao FMP Zeleznik por un marcador global de 3 a 1. A estrela principal dese equipo foi sen dúbida ao ala-pivote titular da selección iugoslava Milenko Topić, que contou coa axuda de xogadores como Rakočević, Popović ou Bolić.

Novo milenio (2000)[editar]

Nemanja Bjelica.

Na primeira parte de 2002, o club cambio totalmente á súa dirección completa, e empresarios e políticos próximos ao Partido Demócrata, como Živorad Anđelković (alcumado Zika Pauk), Goran Vesić, e Igor Žeželj, fixéronse cargo de postos clave no club. Dende o verán de 2002 en diante, concibiuse un proxecto denominado "Evropska Zvezda" (Estrela Europea) co fin de, lenta e metodicamente, conseguir o regreso do club á súa antiga gloria. Para iso, o equipo contratou ao adestrador esloveno Zmago Sagadin, que se converteu na peza central da organización do club. Na súa primeira tempada en realidade non foi Sagadin o adestrador do equipo, xa que o papel foi dado a Aleksandar Trifunović, mais si tomou tódalas decisións importantes con respecto ao cadro de xogadores coma director deportivo. Finalmente, baixo a dirección de Sagadin o Estrela Vermella entrou na Liga do Adriático na tempada 2002-03. En agosto de 2003, antes da tempada 2003-04, Sagadin fíxose cargo das funcións de adestrador formalmente. A pesar de tódolos esforzos, o club non logrou gañar ningún trofeo importante neste período, e en novembro de 2004 Sagadin foi despedido.

Nos últimos anos o club está a loitar por volver a unha dinámica de vitorias, logrou gañar a Copas de Serbia en 2004 e 2006. A primeira delas tivo como escenario Novi Sad, onde venceron ao Partizan, aos locais da Vojvodina e, por último, ao Refleks de Železnik. Como curiosidade, os tres partidos os gañou na prórroga en tempo extra, algo destacable sobre todo ao ter en conta que o Estrela Vermella non contaba con algúns dos seus xogadores máis importantes, entre eles o capitán do equipo Igor Rakočević, que se perdeu a final. Ademais Rakočević, a copa foi gañada por Jeretin, Radivojević, Dozet, Mirković, Richardson, Bjelica, Đurić, Dragojlović, Bogdanović, Vitkovac e Nešović. A copa de 2006 foi cunha ampla vitoria sobre o Hemofarm por 80:65. O equipo campión estivo adestrado por Dragan Šakota, que contaba cos xogadores Gurović, Henderson, Raičević, O'Bannon, Milošević, Subotić, Mišanović, Dragojlović, Vitkovac, Radivojević e Antić.

Pavillón[editar]

Interior do Pionir Hall.
Artigo principal: Pionir Hall.

O Pavillón Pionir Hall ou Pionir Arena (en serbio: Хала Пионир, Hala Pionir) é o pavillón onde xoga os seus encontros coma local o Crvena zvezda. Está siutado en Belgrado, concretamente na municipalidade de Palilula e a súa capacidade é de 8.150 espectadores. Foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.

O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas. Este pavillón compárteo cos seus grandes rivais e compañeiros de cidade, o Partizan, aínda que este último xoga algúns dos seus encontros da Euroliga no novo Beogradska Arena, con capacidade para 23.000 espectadores.

Xogadores[editar]

Cadro actual[editar]

KK Crvena zvezda 2009-2010
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
A 4 Flag of Serbia.svg Kešelj, Marko 2.06 m (6 ft 9 in) 94 kg (207 lb)
E 7 Flag of Serbia.svg Milošević, Dušan 1.98 m (6 ft 6 in)
AP-P 9 Bosnia e Hercegovina Kikanović, Elmedin 2.11 m (6 ft 11 in) 104 kg (229 lb)
A 11 Flag of Serbia.svg Radosavljević, Lazar 2.03 m (6 ft 8 in)
AP-P 12 Flag of Serbia.svg Gagić, Đorđe 2.08 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb)
A-AP 13 Flag of Serbia.svg Rondović, Nikola 2.03 m (6 ft 8 in)
B 14 Flag of Serbia.svg Katnić, Dušan 1.93 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb)
B 16 Flag of Serbia.svg Nedović, Nemanja 1.91 m (6 ft 3 in)
AP-P 17 Bosnia e Hercegovina Flag of Serbia.svg Stević, Oliver 2.06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb)
E 18 Flag of Serbia.svg Radivojević, Vuk 1.96 m (6 ft 5 in) 92 kg (203 lb)
AP 19 Flag of Serbia.svg Jelovac, Stefan 2.08 m (6 ft 10 in)
E 24 Flag of Serbia.svg Stojačić, Stefan 1.93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb)
P 30 Flag of Serbia.svg Štimac, Vladimir 2.08 m (6 ft 10 in) 115 kg (254 lb)
B-E 33 Flag of Montenegro.svg Flag of Serbia.svg Bakić, Boris 1.93 m (6 ft 4 in) 81 kg (179 lb)
A-AP 31 Flag of Serbia.svg Bjelica, Nemanja 2.08 m (6 ft 10 in) 102 kg (225 lb)
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of Serbia.svg Oliver Kostić
  • Flag of Serbia.svg Ljuba Vidačić
  • Flag of Serbia.svg Aleksandar Lukman



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 12-04-2010

Palmarés individual[editar]

Milan Gurović.

Basketball Hall of Fame

FIBA Hall of Fame

50 maiores contribuidores da Euroliga

MVP Awards

Destacados[editar]

Igor Rakočević.

Palmarés[editar]

Títulos internacionais[editar]

Crvena zvezda

Títulos nacionais[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: