Arvydas Sabonis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arvydas Sabonis
Posición Pivote
Dorsal 11
Altura 2,21 m (7 ft 3 in)
Peso 134 kg (295 lb)
Nacemento 19 de dec. de 1964 (49 anos)
Flag of the Soviet Union.svg Kaunas, Unión Soviética
Carreira
Tempadas 19812005
NBA Draft 1986 / Rolda: 1 / Elección: 24

Escollido por Portland Trail Blazers

Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     5 629 (12,0 pp)
Rebotes     3 436 (7,3 pp)
Tapóns     494 (1,1 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Arvydas Romas Sabonis, nado o 19 de decembro de 1964 en Kaunas, Unión Soviética (agora Lituania) é un xogador retirado profesional de baloncesto. Cunha altura de 2,21 metros, foi considerado un dos mellores pivotes do mundo dende a década de 1980 até o inicio do século XXI. Dende o ano 2011 é membro do Basketball Hall of Fame.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro éxito internacional de Sabonis foi a medalla de ouro coa selección de baloncesto da Unión Soviética no Campionato do Mundo de Baloncesto de 1982. Un ano máis tarde en 1983 conseguiu a medalla de bronce no Eurobasket de Nantes. Dous anos máis tarde en 1985 conseguiu a medalla de ouro tanto no Eurobasket como nos Xogos Universitarios celebrados en Kōbe. En 1981, Sabonis fichou polo Žalgiris Kaunas e liderouno a tres títulos consecutivos da liga soviética.

No draft da NBA de 1985 foi a elección dos Atlanta Hawks, iso si, na cuarta rolda, pero isto quedou en nada por causa da súa idade (era menor de 21 anos). No draft do 1986 foi elixido en primeira rolda polos Portland Trail Blazers, pero, de novo, non puido xogar con eles debido ás circunstancias políticas da época. No campionato Mundial de Baloncesto de 1986 celebrado en España a URSS, liderada polo propio Sabonis gañou a medalla de prata ao perder a final contra Estados Unidos, liderada por un novísimo pivote chamado David Robinson.

Gañou o ouro olímpico para a URSS en Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl ante Iugoslavia, e xogou co equipo nacional de Lituania cando gañaron o bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992, e nos Xogos Olímpicos de Atlanta de 1996, sendo tamén subcampións no Eurobasket de 1995. En 1989 foille permitido saír da URSS. Naquel entón, tras sufrir unha rotura do tendón de Aquiles no ano 1986, ninguén pensaba que puidese render a un bo nivel. Sorprendendo a todos o Club Baloncesto Valladolid, naquel entón Fórum Valladolid, apostou por el. Coa vixilancia diaria do doutor Javier Alonso Díez, conseguiron recuperarlle fisicamente, até o punto de que, tras tres tempadas (1989-1992), fichou polo Real Madrid Teka, ao que levou a gañar a ACB en 1993 e 1994 e a Euroliga en 1995. Foi nomeado mellor xogador europeo do ano seis veces.

Finalmente, en 1995, asinou un contrato cos Portland Trail Blazers, sendo nomeado Rookie do Mes de Marzo e Xogador da Semana en 1996, sendo tamén subcampión dos premios ao Rookie do Ano e ao Mellor Sexto Home. A súa estancia na NBA foi de sete anos, xogando en 470 partidos de tempada regular e 51 partidos de playoff, e a miúdo liderando ao equipo no apartado de rebotes. Era un xogador moi efectivo, aínda que sempre quedou a espiña cravada ao público sobre "o que podería ser". Se entrase nos Blazers cando estaban no seu cumio nos primeiros anos 90, moitos afeccionados do equipo de Portland creen que xurdiría unha dinastía. Durante a súa etapa europea, sufriu unha serie de lesións no xeonllo e no tendón de Aquiles que lle quitaron a maior parte da súa mobilidade. En 2003, Sabonis volveu a Lituania e comprou unha parte do seu antigo equipo, o Žalgiris. Tamén xogou para eles na tempada 2003-04, gañando o premio ao MVP tanto na tempada regular como no Top 16 na Euroliga, e foi nomeado parte do equipo dos mellores da Euroliga. Retirouse como xogador trala tempada 2004-05.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A súa muller, Ingrida Mikelionyte Saboniene, foi a gañadora do primeiro concurso de beleza lituano, "a beleza de Vilnius 88". Teñen catro fillos. Sabonis fala cinco idiomas: lituano, polaco, ruso, español e inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
Flag of the Soviet Union.svg Unión Soviética
Xogos Olímpicos
Ouro Seúl 1988 Unión Soviética
Mundial de Baloncesto
Ouro Colombia 1982 Unión Soviética
Prata España 1986 Unión Soviética
Eurobasket
Bronce Francia 1983 Unión Soviética
Ouro Alemaña Occidental 1985 Unión Soviética
Bronce Iugoslavia 1989 Unión Soviética
Flag of Lithuania.svg Lituania
Xogos Olímpicos
Bronce Barcelona 1992 Lituania
Bronce Atlanta 1996 Lituania
Eurobasket
Prata Grecia 1995 Lituania

Colectivo[editar | editar a fonte]

Internacional[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Internacional[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]