Antonio Díaz-Miguel
| Antonio Díaz-Miguel | |
|---|---|
| Posición | Aleiro |
| Dorsal # | - |
| Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
| Nacemento | 6 de xullo de 1933 |
| Morte | 21 de febreiro de 2000 (66 años) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1953–1963 |
| Canteira | Estudiantes Madrid |
| Internacional | 27 veces |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (ACB) | |
| Puntos | - |
| Rebotes | - |
| Asistencias | - |
| Premios | |
|
|
| Adestrador | |
|
|
Antonio Díaz-Miguel Sanz, nado o 6 de xullo de 1933 en Alcázar de San Juan, Cidade Real e falecido o 21 de febreiro de 2000 en Madrid aos 66 anos, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto español. É membro do prestixioso Basketball Hall of Fame.
Foi xogador do Club Baloncesto Estudiantes e do Real Madrid, chegando a ser internacional coa Selección de baloncesto de España en vinte e sete ocasións. Pero os maiores éxitos da súa carreira conseguiunos como adestrador e, concretamente, como Seleccionador de España, á que dirixiu durante 27 anos entre 1965 e 1992. Estudou en Madrid e licenciouse en Enxeñaría Industrial na Universidade de Bilbao.
Índice |
Carreira [editar]
Xogador [editar]
Estudante do Instituto Ramiro de Maeztu de Madrid, Díaz-Miguel inclinouse tarde polo baloncesto. El xogaba a fútbol, e capitaneaba ao equipo do instituto. Pero en 1950, cando el contaba con 17 anos, o instituto fundou o Club Baloncesto Estudiantes, e decidiu cambiar de deporte. Era relativamente alto para a época (medía 1,85 metros) e apuntaba calidades tamén para o deporte da canastra. Enseguida destacou pola súa garra e habilidade no xogo interior, xogando como pivote.
Fichou polo Real Madrid e chegou a ser 27 veces internacional coa Selección de baloncesto de España entre 1952 e 1959, participando en dúas edicións dos Xogos Mediterráneos: nos de 1955, onde a Selección gañou a medalla de ouro, e os de 1959. Tras a súa retirada como xogador de baloncesto iniciou a súa carreira como técnico no Club Águilas de Bilbao, cidade onde estudou a carreira de enxeñaría.
Adestrador [editar]
Foi adestrador da selección española durante 27 anos (dende 1965 até 1992) o que constitúe unha marca mundial de permanencia á fronte dunha selección en todos os deportes. Dirixiu á selección española en 423 partidos. Levou á Selección a clasificarse para participar en seis Xogos Olímpicos, e a conseguir a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984, a segunda máis alta clasificación até o momento do equipo español tras conseguir a vitoria na final do mundial Xapón 2006. Antonio Díaz-Miguel dirixiu tamén á selección española en catorce Campionatos de Europa, nos que conseguiu dúas medallas de prata (1973 e 1983) e unha de bronce (1991).
Díaz-Miguel clasificou á Selección a participar en catro fases finais do Campionato do Mundo, chegando a conseguir unha meritoria cuarta posición o Mundial de 1982. Tamén cabe destacar a medalla de prata que conseguiu a Selección nos Xogos Mediterráneos de 1987. Foi nomeado "Mellor adestrador do ano" en España en 1981 e 1982. Dirixiu seis veces a seleccións europeas (All-Star), equipos creados en Europa raramente e en ocasións moi especiais. Foi tamén un pioneiro na promoción mundial do baloncesto, recibindo moitos premios como adestrador, e sendo conferenciante sobre baloncesto por todo o mundo. Foi incluído no Salón da Fama do Baloncesto como adestrador o 29 de setembro de 1997, converténdose no primeiro español (e até o 2007 o único) en ter tal honra. Á parte do seu labor como adestrador de baloncesto, era deseñador de moda. Tras dexiar a selección adestrou ao equipo italiano Pallacanestro Cantù.
Traxectoria [editar]
Equipos como xogador [editar]
- Club Baloncesto Estudiantes: 1950-52, 1953-1958
- Real Madrid: 1958-61
- Club Águilas Bilbao: 1961-63
Equipos como adestrador [editar]
- Club Águilas Bilbao: 1963-65
- Selección de baloncesto de España: 1965-92
- Pallacanestro Cantù: 1993-94
Palmarés [editar]
Xogador [editar]
Adestrador [editar]
- 1 medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984.
- 2 medallas de prata nos Eurobasket de 1973 e 1983.
- 1 medalla de bronce no Eurobasket de 1991.
- 1 medalla de prata nos Xogos Mediterráneos de 1987.
