Don Benito
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Benito é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura.
Situada na comarca de Las Vegas Altas, forma xunto á veciña Villanueva de la Serena unha conurbación de gran relevancia en toda a rexión, dando lugar a un centro agrícola, industrial e de servizos cunha gran influencia tanto a nivel comarcal como rexional, que alcanza os 60.000 habitantes.
O termo de Don Benito atópase situado entre os 5º49´7´´ e os 6º12´10´´ de Lonxitude Oeste (Meridiano de Greenwich), e entre os 38º43´27´´ e os 39º5´49´´ de Latitude Norte.
Don Benito, con 561,6 quilómetros cadrados, é un dos termos municipais máis extensos de España.
Contaba en 2007 con 34.540 habitantes, sendo a terceira cidade da provincia en poboación.