Acipenser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acipenser
Rango fósil: cretácico superior - actualidade [1]
Acipenser oxyrinchus
Acipenser oxyrinchus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Orde: Acipenseriformes
Familia: Acipenseridae
Subfamilia: Acipenserinae
Xénero: Acipenser
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto

Acipenser é un xénero de peixes condrósteos, que é o tipo da subfamilia dos acipenserinos, da familia dos acipenséridos e da orde dos acipenseriformes.

Comprende 22 especies, segundo a clasificación do ITIS, ou 17, segundo a de FishBase,[2] que son os esturións máis típicos, ou esturións propiamente ditos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A etimoloxía de Acipenser é incerta; unha simple etimoloxía latina é improbábel debido ao feito da súa terminación en -er.

Porén, o termo podería derivar de acupensum vía acipensis seguida dalgúns reaxustes morfolóxicos, derivado de acus, que significa "agulla", e pensum termo que representaba a cantidade de la que debía tecerse nun día.

Acipenser designaría, daquela, o peixe coas barbelas en forma de agulla de calcetar, o que caracteriza ben o rostrum do animal.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

Nota: Entre parénteses, os mares, ríos ou lagos onde vive cada especie ou, no seu caso, subespecie.[2]

Nomes galegos dalgunhas especies[editar | editar a fonte]

Lahuerta e Vázquez propoñen nomes galegos para algunhas das especies do xénero Acipenser que teñen maior importancia pesqueira e comercial:[4]

  • Acipenser naccarii Bonaparte, 1836sollo rei do Adriático ou esturión do Adriático

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 56.
  2. 2,0 2,1 Acipenser en FishBase.
  3. Oniga, Renato (2001): "Etimologia e struttura morfologica di Acipenser", en De lingua Latina novae quaestiones. Actas do X Coloquio Internacional de Lingüística Latina. Paris-Sèvres, 19-23 de abril de 1999. Ed. Claude Moussy. Louvain: Peeters. ISBN 2-87723-514-9. Ver en liña
  4. Lahuerta e Vázquez (2000), p.51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Acipenser
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acipenser

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego, California: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]