Bermuda
| Bermuda | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bermuda é un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forma parte do Territorio Británico de Ultramar. A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra de Bermuda en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.
Índice |
Historia[editar]
Descubertas polo español Juan de Bermudez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.
A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación desenvolvéronse, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.
Durante a Segunda Guerra Mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no Océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arriendo co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arriendo durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas en Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5´8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu Anexo achábase ao final occidental da illa no Gran Fondeadero.
Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno de Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.
Goberno e Política[editar]
Poder Executivo: A autoridade máxima é a Xefa de Estado, a raíña Isabel II do Reino Unido, representada en Bermuda polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.
Poder Lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.
Poder Xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.
Partidos Políticos:
- Partido Ambientalista (AP)
- Partido Laborista Progresista (PLP)
- Partido Nacional Liberal
Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.
Economía[editar]
- Artigo principal: Economía de Bermudas.
Demografía[editar]
54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses(10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.
Cultura[editar]
| Data | Nome en galego | Nome local |
|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Ano Novo | New Year's Day |
| 24 de maio | Día de Bermuda | Bermuda Day |
| 2º luns de xuño | Aniversario da Raíña | Queen's Birthday |
| Xoves antes o 1º luns en agosto | Día da Emancipación | Emancipation Day |
| Venres antes do 1º luns de anosto | Somer's Day | |
| 1º luns de setembro | Día do traballo | Labour Day |
| 11 de novembro | Día do Recordo | Remembrance Day |
| 25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day |
| 26 de decembro | Boxing Day |
| Países do mundo | América do Norte |
| Países con parte do seu territorio en América do Norte
|
