Condrósteos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esturión

Os condrósteos (Chondrostei) constitúen unha subclase da clase Actinopterixios (Actinopterygii) ou peixes óseos. Proceden de primitivos peces cartilaxinosos que mostran osificación, de onde reciben o nome: chondros, que significa cartilaxe, e osteos, que significa óso. Desígnanse tamén Ganoideos pola estrutura das súas escamas.

Crese que os antecesores dos condrósteos eran peixes óseos Osteichthyes que perderon ó lorgo da evolución esta característica da osificación no seu desenvolvemento, conseguindo así un esqueleto máis lixeiro. Os condrósteos máis primitivos mostran inicios de osificación do seu esqueleto, o que suxire que este proceso foi desaparecendo nestes peixes.

[editar] Clasificación

Antigamente este grupo estaba clasificado dentro dos elasmobranquios, polas similitudes obvias cos tiburóns. Estas similitudes non se reducen á perda do tecido óseo na maioría dos condrósteos, senón que tamén a estrutura da mandíbula semella máis a dos tiburóns que á doutros peixes óseos, e tamén, coma eles, carecen de escamas (excluíndo os esturións). Outras características comúns dos condrósteos e mailos tiburóns son os espiráculos (presentes no esturión) e a cola heterocerca (por extensión das vértebras polo interior do lobo maior da aleta caudal. En calquera caso, o rexistro fósil suxire que estes peixes están máis emparentados cos teleósteos do que se pode interpretar pola aparencia.

Clasifícanse en dúas ordes con 52 especies:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Condrósteos
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas