Zona especial de conservación do Río Cabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°38′39″N 7°24′02″O / 42.644100, -7.400600

Río Cabe
Río Cabe ao seu paso por Monforte.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.787 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Pantón, Sober.
Ríos: río Mao, río Cabe
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O río Cabe é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe boa parte do treito das ribeiras dos ríos Mao e Cabe do val de Lemos, con algún outro afluente destes, así como as cabeceiras destes ríos arredor do encoro de Vilasouto. Esta área de conservación ocupa 1.787 ha. das comarcas lucenses de Sarria e Terra de Lemos; isto é, nos concellos Incio, Bóveda, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. Destaca pola vexetación de ribeira en bo estado de conservación.[1][2][3][4][5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Este espazo protexido nunha franxa comenza no río Mao desde a presa do encoro de Vilasouto, avanzando cara ao sur ata chegar a súa afluencia co río Cabe en Monforte de Lemos. Ao pé do encoro acolle, ademais das ribeiras, varios arboredos. Este treito acolle as ribeiras do rego de Penacova, que se une ao Mao en Bóveda. Outra franxa comenza no Incio e na Pobra de Brollón acollendo tamén varias masas de arboredos, así como varios regos que se atopan na cabeceira do río Cabe. Continúa protexendo as ribeiras do Cabe comenzando desde o Trascastro, no Incio. Outro afluente protexido e que chega ao Cabe máis abaixo en Veiga, A Pobra do Brollón, é o rego de Picarrexo.[5]

Esas dúas áreas protexidas únense cando o río Mao chega ao Cabe, xa en Monforte de Lemos. Nesta vila exclúese da protección a ribeira da zona histórica e outras partes urbanizadas. Ao saír do centro histórico de Monforte o río Cabe volve a estar protexido. Nese treito chegan os os regos Cinsa e Carabelos, que están tamén protexidos.[5]

O espazo protexido remata do río Cabe remata próximo a Canaval, Sober. Alí este espazo limita co ZEC dos Canóns do Sil.[5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Este espazo protexido destaca por varias formacións herbáceas, polos seus soutos, os bosques de costas e barrancos e, en especial polo pouco frecuentes que son en Galicia, os bosques mixtos das veigas dos ríos principais.[4][5]

Os bosques das ribeiras son fundamentalmente de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e as carballeiras contan con carballos (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica). Os bosques mixtos das ribeiras principais compóñense de carballos (Quercus robur), olmos brancos (Ulmus laevis), olmos mediterráneos (Ulmus minor), freixos comúns (Fraxinus excelsior) ou freixos de folla estreita (Fraxinus angustifolia).[4]

Outra flora a destacar é a das augas estancadas e os queirogais secos que hai nalgúns puntos.[4]

Fauna[editar | editar a fonte]

Cómpre destacar a presenza de Chondrostoma arcasii, Chondrostoma duriense, Lacerta schreiberii, Iberolacerta monticola e nove especies de quirópteros con interese de conservación; así como a existencia do endemismo salamántiga rabilonga (Chioglossa lusitanica) no río Cabe.

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Gomphus graslinii
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Macromia splendens
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Rutilus arcasii
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Miniopterus schreibersii
Mamíferos Rhinolophus euryale
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O río Cabe foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC Río Cabe". Consultado o 6/9/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000 - Standard Data Forma: ES1120016 Río Cabe". Consultado o 6/9/2019.