Lucien Gaudin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucien Gaudin
Escrimeur-Gaudin.jpg
Nacemento27 de setembro de 1886
 Arras
Falecemento23 de setembro de 1934
 París
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Lucien Gaudin, nado en Arras o 27 de setembro de 1886 e finado en París o 23 de setembro de 1934, foi un tirador de esgrima francés, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou, aos 33 anos nos Xogos Olímpicos de 1920 celebrados en Antuerpen, gañando a medalla de prata na proba de florete por equipos.

Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París gañou a medalla de ouro en florete por equipos e a de espada por equipos.

Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan logrou a medalla de ouro nas probas de florete e espada individual, así como a de prata en florete por equipos.

Ao longo da súa carreira obtivo nove veces o título francés de florete (1906-1914), sete medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas dúas de ouro e unha medalla de ouro no Campionato de Europa de Esgrima.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]