Aneis olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bandeira olímpica")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aneis olímpicos.

Os aneis olímpicos son o principal símbolo dos xogos olímpicos. Este símbolo está composto por cinco aneis entrelazados de cores azul, negra, vermella, amarela e verde.

A bandeira olímpica está composta polo símbolo dos aneis olímpicos sobre fondo branco. Ademais hai outros dous símbolos olímpicos que son: o facho olímpico e mailo credo olímpico.

Orixe dos aneis[editar | editar a fonte]

Pierre de Coubertin ―na Revue Olympique de agosto de 1913―, informou a respecto do símbolo que utilizaría en 1914 o Congreso Olímpico de París:

Así mesmo, na revista do Comité Olímpico Internacional Olympic Magazine, de novembro de 1992, o historiador estadounidense Robert Barney comenta que a idea dos aneis de Pierre de Coubertin veu do emblema da «Unión Francesa de Sociedades de Deportes Atléticos» de dous aneis entrelazados (como o clásico emblema significando unha parella en matrimonio) coas cores azul e vermella sobre fondo branco adoptando as cores da bandeira de Francia organismo fundado pola unión de dúas asociacións deportivas francesas e que dirixiu até 1925 o Movemento Olímpico en Francia, a cal dirixía, e das ideas do psicólogo Carl Gustav Jung que comenta que o círculo representa a continuidade e tamén o ser humano.[1]

Bandeira olímpica[editar | editar a fonte]

A bandeira olímpica está en proporción 2:3, e o seu uso está estritamente regulado polo Comité Olímpico Internacional, do mesmo xeito ca o dos aneis.

A bandeira olímpica ízase en todas as cerimonias de apertura dos Xogos Olímpicos, dende os Xogos Olímpicos de Anveres 1920 até a actualidade[2].

Simboloxía dos aneis[editar | editar a fonte]

A teoría máis difundida e máis probábel, é que os cinco aneis representen os cinco continentes que participan das olimpíadas, sendo estes: Oceanía, Américas, África, Europa e Asia.  Porén, o COI rexeita esta idea, e en 1951, o Comité Executivo suprimiu, por falta de probas que o sustentase, a mención que existía até entón na Carta Olímpica da asociación dos cinco aneis de cores aos cinco continentes.

Tampouco é certo que o deseño dos aneis proveña dunha pedra atopada en Delfos[3].

Usos dos aneis[editar | editar a fonte]

Segundo o COI, existen diversos tipos de usos para os símbolos olímpicos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asociaciones deportivas de Francia.[Ligazón morta]
  2. "Cerimonia de Anveres.". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de agosto de 2016. 
  3. (en inglés) "Official Reports: Decision adopted by the Executive Committee" (PDF). Bulletin du Comité International Olympique (Olympic Review) (en inglés) (Lausana) (25). Xaneiro de 1951. Consultado o 23 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]