Lídia Jorge
| Lídia Jorge | |
|---|---|
Lídia Jorge (2014). | |
| Nacemento | 18 de xuño de 1946 (72 anos) |
| Boliqueime, | |
| Nacionalidade | Portugal |
| Alma máter | Universidade de Lisboa |
| Ocupación | escritora e xornalista |
| Xéneros | Novela |
| Premios | Ordre des Arts et des Lettres |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Lídia Jorge, nada en Boliqueime o 18 de xuño de 1946, é unha escritora portuguesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Lisboa e foi profesora de Ensino secundario, impartindo clase en Angola e Mozambique, durante o último período da Guerra colonial portuguesa.
A publicación da súa primeira novela O Dia dos Prodígios (1980) constituíu un acontecemento nun período no que se inauguraba unha nova etapa na Literatura Portuguesa. Seguiron a novela O Cais das Merendas (1982) e Notícia da Cidade Silvestre (1984),[1] ambas distinguidas co «Premio Literario Municipio de Lisboa».
Pero foi con A Costa dos Murmúrios (1988)[2] libro que reflicte a experiencia colonial pasada en África, co que a autora confirmou o seu destacado lugar no panorama das letras portuguesas.
Tras as novelas A Última Dona (1992) e O Jardim sem Limites (1995),[3] seguiu O Vale da Paixão (1998)[4] galardoado co «Prémio Dom Dinis» da Fundação dá Casa de Mateus, o «Prémio Bordallo de Literatura» da Casa dá Imprensa, o «Prémio Máxima de Literatura», o «Prémio de Ficção» do P.E.N. Club, e en 2000, o «Prémio Jean Monet de Literatura Europeia» ao Escritor Europeo do Ano.
Catro anos despois, publicou O Vento Assobiando nas Gruas (2002), novela que mereceu o «Grande Prémio» da Associação Portuguesa de Escritores e o «Prémio Correntes d'Escritas».
Lídia Jorge publicou tamén dúas antoloxías de contos, Marido e Outros Contos (1997) e O Belo Adormecido (2003), ademais das publicacións independentes A Instrumentalina (1992) e O Conto do Nadador (1992). A súa obra de teatro A maçom foi levada a escena no Teatro Nacional Dona Maria II, en 1997.
A novela A Costa dos Murmúrios foi adaptada (2004) ao cinema por Margarida Cardoso.
En 2006, a autora foi distinguida en Alemaña coa primeira edición do «Premio Internacional de Literatura Albatroz» da Fundación Günter Grass, polo conxunto da súa obra.
Combateremos a Sombra, presentada o 22 de marzo de 2007, na Casa Fernando Pessoa, en Lisboa, é a súa última novela.
Obtivo o Premio Escritora Galega Universal concedido pola AELG no 2013.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cf. Antonio Maura, «Noticia de la ciudad silvestre. Lídia Jorge», ABC Literario, 16-6-1990. (en castelán)
- ↑ Cf. Antonio Maura, «La costa de los murmullos. Lídia Jorge», ABC Literario, 10-6-1990. (en castelán)
- ↑ Cf. Mercedes Mommany, «Una casa frente al Tajo», ABC Cultural, 21-7-2001.
- ↑ Cf. íbidem.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gonçalves, Ilena Luís Candeias. Escritores Portugueses do Algarve. Edições Colibri, Lisboa, 2006.
|