Cesare Pavese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesare Pavese
Cesare pavese.jpg
Nacemento9 de setembro de 1908
 Santo Stefano Belbo
Falecemento27 de agosto de 1950
 Turín
Causasobredose
SoterradoSanto Stefano Belbo
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Turín, Liceo Classico Massimo D'Azeglio e Sociale
Ocupaciónlingüista, escritor, tradutor, crítico literario, guionista, crítico literario, xornalista, biógrafo e poeta
Coñecido/a porDialogues with Leucò e The Moon and the Bonfires
PremiosPremio Strega
Na rede
IMDB: nm0667610 Bitraga: 422 Dialnet: 1638755 Musicbrainz: 8273d899-34b5-40ed-9968-e635e076ac9a Discogs: 936300 WikiTree: Pavese-3 Find a Grave: 9009057 Editar o valor em Wikidata
Cesare Pavese Signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Cesare Pavese, nado o 9 de setembro de 1908 en Santo Stefano Belbo e finado o 27 de agosto de 1950 en Turín, foi un dos máis importantes escritores italianos do século XX, que nos seus poemas e relatos describiu, entre outras temas, o mundo rural do Piemonte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orfo de pai, dende 1914 foi educado por súa mai. Pavese fixo os estudos de bacharelato en Turín e estudou historia da literatura na universidade da mesma cidade. Durante os anos de universidade interesouse pola literatura dos Estados Unidos e graduouse cunha tese sobre o poeta norteamericano Walt Whitman. Alternaba o traballo de tradutor co ensino da lingua inglesa. Traduciu ó italiano Moby Dick de Herman Melville e obras de John Dos Passos, William Faulkner, Daniel Defoe, James Joyce e Charles Dickens.

En 1935 estivo preso e foi desterrado durante oito meses a Calabria, acusado de antifascismo polas cartas que intercambiou cunha moza súa da época, que militaba no partido comunista.

Entre 1928 e 1935 escribiu os poemas publicados en 1936 co título Lavorare stanca (Traballar cansa). Foron poemas innovadores, que, xunto coas súas obras de narrativa, lle atraeron a atención dun público amplo. Nesa época comezou o diario literario-existencialista Il mestiere di vivere (O oficio de vivir) que continuou ata a morte. Dende 1938 traballou para a editora turinesa Einaudi.

Durante a segunda guerra mundial instalouse coa familia no campo. Amigou co daquela descoñecido escritor Italo Calvino. Despois da guerra trasladouse a Serralunga di Cera e despois a Roma, Milán e Turín. En 1945 entrou no Partido Comunista Italiano, PCI. Gañou o premio Strega de Literatura en 1950 por La bella estate (O fermoso verán).

O desengano amoroso pola fin da relación sentimental coa actriz norteamericana Constance Dowling, á que dedicou os últimos versos de Verrà la morte ed avrà i tuoi occhi (Vira a morte e terá os teus ollos) e a angustia existencial levárono ó suicidio o 27 de agosto de 1950, nun cuarto do Hotel Roma en Turín.

Un dos temas típicos na obra de Calvino é o illamento do individuo. O protagonista típico das obras de Pavese e un home solitario (voluntariamente ou non), que ten relacións superficiais con outras persoas e que, en contra dos seus desexos, acaba por traizoar ós seus ideais e amigos, como ocorre na novela A cadea. O título da colección de dous relatos Antes de que cante o galo fai referencia á traizón de Pedro a Xesús Cristo.

Obra[editar | editar a fonte]

Calquera que pasa ten un rostro e unha historia.
                    — Cesare Pavese.
  • Lavorare stanca, poemas, Florencia: 1936, ed. ampliada, Turín: 1943
  • Paesi tuoi, novela, Turín: 1941
  • La spiaggia, novela, 1941
  • Feria d'agosto, Turín: 1946
  • Il compagno, novela, Turín: 1947
  • Dialoghi con Leucò, contos, Turín: 1947..
  • Prima che il gallo canti, novela, Turín: 1949
  • La bella estate, novela, Turín: 1949 [Contén as novelas: La bella estate (1940), O demo nos outeiros e Tra donne sole]
  • La luna e i falò, novela, Turín: Einaudi, 1950; Milán: Mondadori, 1969, 1982.
  • Verrà la morte ed avrà i tuoi occhi, poemas, Turín: 1951
  • La letteratura americana e altri saggi, ensaios, Turín: 1951
  • O oficio de vivir. 1935-1950, diario, Galaxia, 2006
  • Notte di festa, 10 contos, Turín: 1953
  • Fuoco grande, novela, en colaboración con Bianca Garufi, Turín: 1959
  • Contos, Turín: 1960
  • Cartas 1924-1944, Turín: 1966
  • Cartas 1945-1950, Turín: 1966
  • Tutto Pavese, Turín: 1968

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]