O deserto dos tártaros
| O deserto dos tártaros | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Forma artística
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
| |||||
|
Editorial
| |||||
|
Premios
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
O deserto dos tártaros[1] (en italiano: Il deserto dei Tartari) é unha novela do autor italiano Dino Buzzati publicada en 1940.[2] A novela conta a historia dun oficial novo, Giovanni Drogo, e a súa vida como gardián da fortaleza Bastiani, unha vella e mal mantida fortaleza fronteiriza. A novela foi clasificada no posto 29 dos 100 libros do século segundo Le Monde.
Foi traducido ó galego por Xavier Rodríguez Baixeras e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1991, na colección Grandes do noso tempo.[1] No ano 1992, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.
Adaptación
[editar | editar a fonte]En 1976, a novela foi adaptado no filme Il deserto dei Tartari,[3] dirixido por Valerio Zurlini e protagonizado por Jacques Perrin no papel de Drogo, xunto con Max von Sydow como Ortiz e Vittorio Gassman como Filimore. O filme omite certas partes da novela, especialmente aquelas relacionas coas vidas dos amigos de Drogo na súa vila natal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O deserto dos tártaros. Traducido por Xavier Rodríguez Baixeras (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1991. ISBN 84-7507-586-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Encyclopedia Britannica (ed.). "Dino Buzzati | Italian author" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2018.
- ↑ "The Desert of the Tartars". Consultado o 29 de agosto de 2018.