Brasil no centro
Brasil no centro | |
---|---|
Título orixinal | Brasil no centro |
Autor/a | Xavier Rodríguez Baixeras |
Orixe | Galicia |
Lingua | lingua galega |
Colección | Literaria |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2011 |
Páxinas | 328 páx. |
ISBN | ISBN 978-84-9865-368-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brasil no centro é un libro de Xavier Rodríguez Baixeras publicado no ano 2011. A xeito de diario, e tamén con contos breves, fala sobre a súa experiencia vital sobre todo no Brasil, concretamente en Salvador da Baía, que visitou por primeira vez no 2006, e onde residiu nas primaveras e veráns do hemisferio sur durante varios anos.
Características
[editar | editar a fonte]O libro comeza cos seus pensamentos do 5 de maio de 2007, en Compostela, cando a Asociación de Escritores lle outorgou un premio de poesía por O pan da tarde. Logo, no medio e groso do libro, reprodúcense unha serie de relatos que o autor dá en chamar estampas, con impresións, costumes, vivencias e reflexións que se fixo e viu nas súas etapas no Brasil, entre 2006-2007 e 2007-2008. Na última parte do libre volve á forma de dietario, comezando en abril de 2008 e remata o 3 de febreiro de 2009 novamente en Salvador. Nas derradeiras páxina do libro móstrase un glosario con verbas propias do portugués brasileiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brasil no centro no catálogo de Editorial Galaxia.