Festival da Poesía no Condado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Festival da Poesía no Condado é un certame poético e cultural que se celebra a primeira fin de semana de setembro en Salvaterra de Miño, organizado pola Sociedade Deportiva e Cultural do Condado (SDC). Presenta un programa cun ton reivindicativo que sempre enfocou a súa mensaxe nas reivindicacións populares do momento.

Este festival nace en 1981 en Mondariz coa intención de outorgarlle máis valor á poesía galega e, cos seus lemas contundentes, enaltecer o libre pensamento. Amais dos recitais poéticos, hai outras actividades como concertos musicais, charlas, mostras de artesanía ou xogos populares.

Historia[editar | editar a fonte]

A Sociedade Deportiva e Cultural do Condado (SDC) naceu en novembro de 1973, se ben non foi legalizada até 1974 por non se someter aos requerimentos da Lei de Asociación (1968). Esta organización acolle diversas ideoloxías. Está centrada na transmisión da cultura galega e no seu desenvolvemento socio-cultural. Desenvolve as súas actividades na comarca do Condado, especialmente en Salvaterra de Miño, onde está a sede da Sociedade.

Manolo Soto, ideólogo e presidente da Sociedade Deportiva e Cultural, foi o fundador do Festival da Poesía no Condado. A creación deste certame pretendía exaltar a poesía e a cultura, tan perseguida na época.

A primeira edición do Festival da Poesía foi realizada en Mondariz-Balneario e, aínda que Salvaterra sería o centro da maior parte dos certames, celebraríanse varias edicións fóra (O Porriño, Ponteareas e Salceda de Caselas).

Cabe destacar que, por dificultades económicas (boicots e débedas contraídas), desde 1996 até o 2001, o festival sufriu un parón. A pesar da ausencia do festival este continuou vívido na memoria dos cidadáns o que permitiu a súa recuperación no 2001 coa XVI edición.

Categorías[editar | editar a fonte]

O festival comezou centrándose na poesía, pero co paso do tempo o certame foi medrando e incluíndo novos ámbitos no seu programa. Estas novas categorías sempre están relacionadas co entorno artístico, como a música, pintura, proxeccións audiovisuais ou artesanía. Tamén se poden atopar actividades de carácter lúdico como humoristas, contacontos ou xogos. Estas ultimas permiten que toda a familia desfrutar deste festival.

Participantes[editar | editar a fonte]

Entre os participantes deste festival destacan personaxes procedentes de Galiza pero tamén hai autores de toda a Península e doutros países. Entre este grupo están atopar podemos atopar a persoas relacionadas principalmente con traballos relacionados coas artes o cultura. A maioría dos participantes son escritores, mais tamén aparecen pintores ou etnógrafos.

Algúns de eles son personaxes de importancia nas súas areas como por exemplo Carlos Solla, Branca Novoneyra, Celso Álvarez Cáccamo, Francismo Álvarez Koki, Xavier Seoane, Manuel Rivas e foráneos a Galiza pódense destacar a Pan Gener Galin (Cataluña), Delmar Maia Gonçalves (Mozambique) ou Ana Silva Faria (Portugal), entre moitos outros.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda de que o grupo que se encarga deste proxecto está conformado por persoas de diversas ideoloxías, podemos ver a través de certas características a súa posición de ideas. O feito de que se faga un uso do galego reintegracionista xunto coa utilización desta lingua en todos os ámbitos do festival, son algúns dos trazos que marcan a súa posición. convídase vtamén persoas procedentes de diversos sistemas lingüísticos, como o catalán, vasco e mesmo brasileiro.

O tema principal do festival é a reivindicación social e cultural. Por iso, cada ano dedican o programa a un asunto de importancia social do momento. Tal e como reivindican na súa primeira edición, esta festa “tenta de ser o xermolo do "xunguimento", nunha nova perspectiva, no que o factor común sexa a unidade solidaria diante da agresión cotián”[1]. As cuestións que presentan permiten, tamén, imaxinar a dirección ideolóxica deste proxecto.

Dentro dos temas a tratar destacan aqueles de denuncia social:

Entre as temáticas que aparecen como exemplo encontramos algunhas relacionadas con asuntos de actualidade. No obstante, atopamos incluso outros que recordan a certos momentos da historia de Galiza o grupos que marcaron a historia galega, como as Irmandades da Fala. Como se pode apreciar estas cuestións que presentan como temas para o Festival de Poesía no Condado permiten, tamén, imaxinar a dirección ideolóxica deste proxecto.

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Salvaterra, V.p. |. "El Festival Da Poesía Do Condado Aborda La Migración Y El Exilio En Salvaterra De Miño." El Festival Da Poesía Do Condado Aborda La Migración Y El Exilio En Salvaterra De Miño - Faro De Vigo. FARODEVIGO, 4 Sept. 2015. Web. 21 Feb. 2017. <http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/09/04/festival-da-poesia-do-condado/1307419.html>.
  • Santiago. "O Festival De Poesía Do Condado Chega Á Súa XVII Edición Co Programa Máis Completo Da Súa Longa Historia." Culturagalega. Cultura Galega, 4 Sept. 2003. Web. 21 Feb. 2017. <http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=3344>.
  • "XXV Festival Da Poesía No Condado." XXV Festival Da Poesía No Condado : Ponteareas Virtual. N.p., n.d. Web. 18 Mar. 2017. <http://www.ponteareasvirtual.com/guia/agenda/mostrar/xxv_festival_da_poesia_no_condado>.
  • "XXX Festival Da Poesia No Condado." XXX Festival Da Poesia No Condado - CROA MAGAZINE. Croa, n.d. Web. 21 Feb. 2017. <http://croamagazine.es/agenda/xxx-festival-da-poesia-no-condado/>.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]