Dino Buzzati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dino Buzzati
Nacemento16 de outubro de 1906 e 1906
Lugar de nacementoBelluno
Falecemento28 de xaneiro de 1972 e 1972
Lugar de falecementoMilán
Causacancro de páncreas
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Milán
Ocupaciónescritor, xornalista, novelista, pintor, libretista, guionista, dramaturgo, poeta, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil, artista de banda deseñada e xornalista de opinión
PaiGiulio Cesare Buzzati
IrmánsAdriano Buzzati-Traverso
Coñecido porO deserto dos tártaros e Coco
PremiosPremio Strega e Napoli Prize
Na rede
http://dinobuzzati.it
IMDB: nm0125635 Bitraga: 343 Dialnet: 2506275 Musicbrainz: e0987d84-57a6-4ce6-965e-3686abeb4f99 Discogs: 2027648 Find a Grave: 14530408 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dino Buzzati, nado en San Pellegrino de Belluno (Véneto) o 16 de outubro de 1906 e finado en Milán o 28 de xaneiro de 1972, foi un escritor e xornalista italiano. Acadou sona mundial pola súa novela O deserto dos tártaros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dino Buzzati Traverso naceu en San Pellegrino, preto de Belluno, na casa patrucial da súa familia. A nai, nada en Venecia, era veterinaria. O pai, descendente dunha antiga familia de Belluno, era profesor de Dereito internacional. Dino foi o terceiro dos catro fillos da parella. Amante da música (aprendeu de pequeno a tocar o violín e o piano), esta constituíu un dos elementos fundamentais da personalidade creativa poliédrica do artista.

A familia vivía en Milán, onde Dino fixo o bacharelato e en 1924, entrou na facultade de Dereito da universidade milanesa, seguindo o desexo do pai, que quería que fora avogado. Ós 22 anos, cos estudos apenas acabados, comezou a traballar no xornal milanés Corriere della Sera, onde continuaría ata a súa morte. Empezou a traballar como corrector, e foi despois reporteiro, enviado especial, articulista editor e crítico de arte. No mesmo ano, 1924 doutorase en xurisprudencia cunha tese sobre a natureza xurídica do Concordato.

Adóitase dicir que a súa experiencia xornalística contribuíu a formar o seu estilo literario, dando as súas narración máis fantásticas unha aura de realismo. O mesmo Buzzati comentou, segundo Lawrence Venuti: Paréceme que a fantasía debería estar o máis achegada posible ó xornalismo. A palabra exacto non sería banalizar, aínda que algo que ver teña. Máis axiña quero dicir que a efectividade dunha historia fantástica depende de que sexa contada nos termos máis simples e prácticos . (Restless Nights - Selected Stories of Dino Buzzati (Introduction by L. Venuti) (North Point Press, 1983))

Durante a segunda guerra mundial Buzzati serviu en África como xornalista agregado a Mariña real. Acabada a guerra publicouse en toda Italia O deserto dos tártaros (l deserto dei Tartari) que tivo unha repercusión inmediata e lle ganou ó autor a fama. Casou con Almeria Antoniazzi en 1964, ano no que publicou a súa derradeira novela, Un amore. Morreu de cancro en 1972.

Obra[editar | editar a fonte]

Buzzati comezou a escribir obras de ficción en 1933. A súas obras neste xénero inclúen cinco novelas, teatro e obras para a radio, libretos, contos e poemas.

Escribiu un libro para nenos, A famosa invasión de Sicilia polos osos (La famosa invasione degli orsi in Sicilia). Publicou tamén unha novela gráfica baseada no mito de Orfeo, o Poema a fumetti. O deserto dos tártaros, a súa novela máis famosa, conta a historia dun destacamento militar que espera unha invasión tártara. Foi comparada con obras do existencialismo, coma a de Alberte Camas O mito de Sísifo.

A súa obra foi clasificada como representante do realismo máxico. Nela a alienación social e o destino da natureza e a fantasía perante o progreso tecnolóxico ilimitado son temas recorrentes. Escribiu diversos contos nos que recreou criaturas fantásticas.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Contos[editar | editar a fonte]

  • I sette messaggeri (1942)
  • Paura alla Scala (1949)
  • Il crollo della Baliverna (1954)
  • Esperimento di magia (1958)
  • Sessanta racconti (1958, premio Strega)
  • Egregio signore, Siamo spiacenti di... (1960, con ilustracións de Siné; 1975 co título Siamo spiacenti di)
  • Il colombre (1966)
  • La boutique del mistero (1968)
  • Le notti difficili (1971)
  • 180 racconti (1982)
  • Il meglio dei racconti (1989)
  • Lo strano Natale di Mr. Scrooge e altre storie (1990)
  • Mi chiamo Dino Buzzati (1988)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Piccola passeggiata (1942)
  • La rivolta contro i poveri (1946)
  • Un caso clinico (1953)
  • Drammatica fine di un noto musicista (1955)
  • Sola in casa (1958)
  • Una ragazza arrivò... (1959)
  • Le finestre (1959)
  • L'orologio (1959)
  • Un verme al ministero (1960)
  • I suggeritori (1960)
  • Il mantello (1960)
  • L'uomo che andrà in America (1962)
  • L'aumento (1962)
  • La colonna infame (1962)
  • Spogliarello (1964)
  • La telefonista (1964)
  • La fine del borghese (1966)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Il capitano Pic e altre poesie, 1965
  • Scusi, da che parte per Piazza del Duomo?, 1965
  • Tre colpi alla porta, 1965
  • Due poemetti, 1967

Libretos para música[editar | editar a fonte]

  • Ferrovia sopraelevata, 1955
  • Procedura penale, 1959
  • Il mantello, 1960
  • Battono alla porta,1963
  • Era proibito, 1963

Outros[editar | editar a fonte]

  • In quel preciso momento (1950, 1955 e 1963)
  • Le storie dipinte (edición de Mario Oriani e Adriano Ravegnani, 1958)
  • Poema a fumetti (1969)
  • I miracoli di Val Morel (1971)
  • Cronache terrestri, servizi giornalistici (edición de Domenico Porzio, 1972)
  • Congedo a ciglio asciutto di Buzzati, inediti (edición de Guido Piovene, 1974)
  • I misteri d'Italia (Milán, 1978)
  • Dino Buzzati al Giro d'Italia (edición de Claudio Marabini, 1981)
  • Lettere a Brambilla (edición de Luciano Simonelli, 1985)
  • Le montagne di vetro (edición de Enrico Camanni, 1990)
  • La mia Belluno (edición da Comunità Montana Bellunese - Assessorato alla cultura, 1992)
  • Bestiario (1991)
  • Il buttafuoco (1992)
  • La "nera" di Dino Buzzati (edición de Lorenzo Viganò, 2 vol., Oscar Mondadori, Milán, 2002)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]