Jaume Ribera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2021.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de decembro de 1953 Sabadell |
| Residencia | Sabadell |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura xuvenil e banda deseñada |
| Ocupación | escritor, artista de banda deseñada |
| Xénero artístico | Banda deseñada |
| Premios | |
Jaume Ribera, nado en Sabadell o 30 de decembro de 1953, é un escritor e guionista de historietas catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas décadas de 1970 e 1980 dedicouse a facer guións para cómics na Editorial Bruguera. Guionizou series coma Maff y Osso (de GiaSer) ou Deliranta Rococo e Profesor Tragacanto (de Gustavo Martz-Schmidt). Tamén chegou a firmar guións de Mortadelo y Filemón, cando foron realizados polo Bruguera Equip sen o seu creador, Francisco Ibáñez.
Para a mesma editorial tamén realizou guións de corte policial, detectivesco ou de suspense.
Xunto a Andreu Martín escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |