Movida viguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Siniestro Total, unha das formacións máis coñecidas da chamada movida viguesa.

A movida viguesa foi un período de creación cultural, xurdida entre 1977 e 1981, que se desenvolveu na cidade de Vigo durante a primeira metade da década de 1980, e que coincidiu no tempo coa movida madrileña.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundamentalmente un movemento musical e estético (a videocreación xogou un papel fundamental), asociado á nocturnidade e os bares do casco vello da cidade, que supuxo unha reacción á música e mais aos valores convencionais da época, nun contexto de forte crise económica (con altas taxas de paro e unha forte reconversión do sector naval) e de certo escepticismo político xerado polo desencanto producido pola transición política principiado a finais da década de 1970, tras a desaparición da ditadura franquista.

A cidade vive unha febre de aparicións con infinidade de grupos de estilos moi variados (punk, pop, tecno, reggae ou funk), decote con letras caóticas e irreverentes, influídas pola posmodernidade, con escaso ou nulo compromiso coas convencións sociais imperantes.

Baixo o manto da movida viguesa xurdiron grupos como Sociedad Anónima (SA) Golpes Bajos, Aerolineas Federales, Os Resentidos, Semen Up, Siniestro Total, Bar, Los Buzos, Batallón Disciplinario, Vacuna Antibritánica ou Control Remoto[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La posmodernidad toma el poder en Vigo", artigo en El País, 15 de abril de 1984 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]