Moncho Parada Castiñeiras
Moncho | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Ramón Parada Castiñeiras | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Victoria | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1958 | Victoria | ||
1958–1962 | Deportivo da Coruña | 3 | (0) |
1962–1963 | Rayo Vallecano | ||
1963–1964 | Salamanca | 5 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Ramón "Moncho" Parada Castiñeiras, nado na Coruña en xuño de 1939, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Victoria, onde coincidiu con Amancio, e en 1958 ámbolos dous incorporáronse ao Deportivo da Coruña.[1] Estivo no equipo B ata o seu debut co primeiro equipo nun partido amigable contra o Ourense no Carballiño.
Nas tempadas 1959/60 e 1960/61 da Segunda División formou parte do primeiro equipo, adestrado por Jesús Barrio, como terceiro porteiro por detrás de Emery e Rafa. Xogou só 3 partidos oficiais durante esas dúas campañas, nos que encaixou cinco goles. Non contou con ningún minuto na seguinte campaña, con Otxoa no banco, na que os primeiros gardametas foron Pampols e Emery, e na que o Deportivo conseguiu o ascenso á Primeira División.
En 1962 deixou o equipo coruñés e fichouno o Rayo Vallecano por recomendación de Amancio.[1] Na tempada 1963–64 xogou co Salamanca en Segunda División, onde tamén foi o terceiro porteiro do equipo (detrás de Miguel Benito e José Sánchez-Rojas). Ese ano o equipo castelán descendeu a Terceira División.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "El coruñés Moncho fichó por el Rayo Vallecano". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 1962. p. 5.