Cancelo, Triacastela
| Cancelo | |
|---|---|
| Concello | Triacastela[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°46′14″N 7°12′15″O / 42.77055556, -7.20413889 |
| Poboación | 62 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Cristovo de Cancelo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é cancelato.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]En Cancelo atópase a Cova Eirós, onde se encontraron restos de Homo neanderthalensis, 93 motivos de arte rupestre e máis de dez mil rexistros e pezas, o que a converten nun dos depósitos de referencia para o estudo da evolución dos modos de vida, da tecnoloxía, da fauna e das condicións paleoclimáticas das comunidades de cazadores recolectores que viviron hai 40.000 anos.
Na parroquia tamén se encontra a igrexa de San Cristovo de Cancelo, con pinturas do século XVI.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cancelo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cancelo no concello de Triacastela (Lugo) | |
|---|---|