Lamas do Biduedo, Triacastela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lamas do Biduedo
Ermida de San Pedro.
ConcelloTriacastela[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°45′26″N 7°10′58″O / 42.757222222222, -7.1827777777778Coordenadas: 42°45′26″N 7°10′58″O / 42.757222222222, -7.1827777777778
Poboación90 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Isidro de Lamas do Biduedo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 102 habitantes (56 homes e 46 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial está situada no núcleo de Lamas, nunha elevación do terreo. Foi construída en 1949, con estilo ecléctico de trazado neogótico e espadana clásica. Ten planta rectangular pechada cunha ábsida plana e cunha cuberta a dúas augas. O adro de acceso ten cuberta a catro augas. A fachada principal ten no lugar do rosetón un oco apuntado de iluminación. A espadana ten corpo central de dous ocos e medio punto con molduras e frontón triangular de remarte con pináculo e arco de medio punto. Na parte posterior sitúase a sancristía, máis baixa e reducida cá nave central.

No lugar do Biduedo hai unha capela adicada a San Pedro. Ten unha nave única duns 5 por 10 m, cun oco na fachada sur e cuberta a dúas augas con artesoado de madeira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lamas do Biduedo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lamas do Biduedo no concello de Triacastela (Lugo)

O Biduedo | A Lagúa | Lamas | Meizarán


Parroquias de Triacastela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Triacastela

A Balsa (San Breixo) | Cancelo (San Cristovo) | Lamas do Biduedo (Santo Isidro) | O Monte (Santa María) | Santalla de Alfoz (Santalla) | Toldaos (San Salvador) | Triacastela (Santiago) | Vilavella (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]