Eleanor Roosevelt
Eleanor Roosevelt | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Anna Eleanor Roosevelt |
Nacemento | 11 de outubro de 1884 |
Manhattan | |
Falecemento | 7 de novembro de 1962 |
Upper East Side | |
Causa | tuberculose |
Soterrada | Home of Franklin D. Roosevelt National Historic Site |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos |
Alma máter | The New School e Allenswood Boarding Academy |
Ocupación | diplomática, escritora, autobiógrafa, política, feminista, xornalista, activista pola paz e Activista polos dereitos humanos |
Pai | Elliott Bulloch Roosevelt |
Nai | Anna Hall Roosevelt |
Cónxuxe | Franklin D. Roosevelt |
Fillos | Elliott Roosevelt, Franklin Delano Roosevelt Jr., John Aspinwall Roosevelt, James Roosevelt, Anna Roosevelt Halsted e Franklin Delano Roosevelt |
Irmáns | Hall Roosevelt |
Premios | United Nations Prize in the Field of Human Rights, Gandhi Peace Award, National Women’s Hall of Fame, Prêmio Nansen, Deshikottam, honorary doctor of the University of Utrecht e doutor honoris causa pola Universidade Brandeis |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anna Eleanor Roosevelt, nada en Nova York o 11 de outubro de 1884 e finada en Manhattan o 7 de novembro de 1962, foi unha política estadounidense, diplomática e defensora dos Dereitos Humanos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla maior de Elliot e Anna Hall Roosevelt e neta favorita de Theodore Roosevelt, casou en 1905 cun primo en 5º grao, Franklin Delano Roosevelt. Como esposa do Presidente dos Estados Unidos, foi a muller estadounidense que máis tempo permaneceu como Primeira Dama.
Durante o período posterior á crise de 1929 viaxou a través dos Estados Unidos promovendo a New Deal, e visitou as tropas nos frontes de batalla da Segunda Guerra Mundial. Participou nas formacións de numerosas institucións, sendo as máis notables entre elas as Nacións Unidas, a Asociación de Nacións Unidas, e a Casa da Liberdade, (Freedom House). Presidiu o comité que aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O Presidente Harry Truman referiuse a ela como a Primeira Dama do Mundo en honra aos seus extensos viaxes para promover os Dereitos Humanos.
En 1939 organizou para a cantante negra Marian Anderson, que fora rexeitada polo Constitution Hall, un recital no Lincoln Memorial cunha audiencia de 70.000 espectadores e radiodifusión por todo o país. O seu matrimonio non foi para ela obstáculo para oporse á decisión do seu marido de firmar a orden executiva 9066 que resultou no internamento de 110.000 xaponeses e descendentes de xaponeses na Costa Oeste dos EUA.
Trala Segunda Guerra Mundial participou na formulación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, referíndose a ela como "A carta magna da humanidade".
Continuou participando activamente na vida política do seu país ata a súa morte en 1962.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eleanor Roosevelt |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Eleanor Roosevelt |