Baliceaux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baliceaux
SaintVincentGrenadinenKarte.png
Situación
País Flag of Saint Vincent and the Grenadines.svg San Vicente e Granadinas
Arquipélago Antillas Menores
Mar Mar Caribe
Coordenadas 12°57′N 61°08′O / 12.950, -61.133Coordenadas: 12°57′N 61°08′O / 12.950, -61.133
Xeografía
Superficie 1´3 km²
Punto máis alto 126 m. Gun Hill
Demografía
Poboación Deshabitada

Baliceaux é unha das illas Granadinas que se atopan entre as illas caribeñas de San Vicente e Granada. Politicamente, é parte da nación de San Vicente e as Granadinas.

Historia[editar | editar a fonte]

Descuberta polos navegantes españois durante o século XV, esta illa de 1´35 km² gozou dunha longa e interesante historia. Durante as guerras cos Caribe 1769 - 1795, Gun Hill, a case 126 metros sobre o nivel do mar é o punto máis alto da illa, servíu como posto de observación para os soldados entre 1772-1797. A illa foi o lugar onde o exército Inglés desterrou preto de 5000 indios caribes trala derrota do xefe Caribe Joseph Chatoyer na década de 1790. A metade deles morreron neste campo de concentración. Os outros foron deportados á illa de Roatán, Honduras. Os seus descendentes viven hoxe en día como o pobo Garífuna en Honduras, Belize, Guatemala, Nicaragua e nos EUA Como un sinal de respecto, Baliceaux é visitado anualmente polos caribes e os funcionarios do Goberno para recordar eses feitos.

No ano 2016, a illa é privada e atopase á venda por 30 millóns de dólares americanos. Aínda que coa forte oposición dos descendentes dos alí falecidos que o consideran unha profanación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O terreo é ondulado, coa súa contorna paradisíaco de praias brancas, outeiros, prados, vales, outeiros, cantils, bosques e carreiros que serpentean ao longo do terreo exuberante da illa. Protexida por arrecifes e bordeada por augas cristalinas e praias de area branca en po, a illa préstase perfectamente para o mergullo, natación e vela. Máis actividades de tempo libre inclúen pesca e senderismo.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baliceaux

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.