Primeiro ministro de San Vicente e as Granadinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de San Vicente e as Granadinas.

O primeiro ministro de San Vicente e as Granadinas é o xefe de goberno do país. Durante o dominio británico, a partir de 1956 xorde a figura do xefe de goberno (en inglés, chief minister) sendo o primeiro Ebenezer Joshua (1956 a maio de 1967) seguido por Milton Cato.

En 1969, o territorio gañou autonomía, e o título do xefe de goberno pasou a ser "primeiro ministro". De 1969 ata a independencia, foron:

Primeiros Ministros despois da independencia (1979- )[editar | editar a fonte]

Nome Inicio do mandato Fin do mandato
Milton Cato 27 de outubro de 1979 30 de xullo de 1984
James Fitz-Allen Mitchell 30 de xullo de 1984 27 de outubro de 2000
Arnhim Eustace 27 de outubro de 2000 29 de marzo de 2001
Ralph Gonsalves 29 de marzo de 2001 presente