Mayreau
Mayreau | |
---|---|
![]() Vista aérea da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 12°39′N 61°23′O / 12.650, -61.383Coordenadas: 12°39′N 61°23′O / 12.650, -61.383 |
Xeografía | |
Superficie | 4 km² |
Longura máxima | 2´8 km. |
Largura máxima | 1´6 km. |
Punto máis alto | 61 m. |
Demografía | |
Capital | Old Wall |
Poboación | 271 hab. |
Densidade | 75 hab./km² |
Mayreau é a illa habitada máis pequena das Granadinas e politicamente forma parte do país de San Vicente e as Granadinas. Ten unha superficie de ao redor de 4 km² e unha poboación de ao redor de 271 habitantes.[1] A poboación céntrase basicamente na localidade de Old Wall localizada en Hill Station, un outeiro no suroeste da illa. É unha comunidade illada, accesible só por barco.
O servizo de electricidade é algo recente sendo apenas instalado a partir do ano 2002, provista por un xerador central situado en Saline Bay. As principais actividades económicas son o turismo e a pesca.
A illa conta con 3 fontes de auga doce na súa parte oriental, unha serve o complexo en Saltwhistle Bay e as outras dúa serven á vila. Salina Bay é chamada así por mor da pequena lagoa de auga salgada, que se atopa xusto ao leste da praia. O sal foi un dos recursos da illa que chegouse a exportar algunha vez, pero agora serve nada máis que para a demanda local.
Hai un camiño de cemento dun só carril que vai desde o peirao en Saline Bay ata a vila en Bay Saltwhistle. A parte superior da illa coroase coa pequena escola primaria, o edificio de telecomunicacións, unha igrexa católica, e unha igrexa pentecostal. Desde a cima do outeiro detrás da Igrexa Católica, hai un miradoiro desde o que se ven os Caios de Tobago, Canouan e Illa Unión.
Fotos[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "St Vincent and the Grenadines, Population and Housing Census Preliminary Report". The Census Office, SVG Government. Consultado o 30 de decembro de 2015.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mayreau ![]() |