Líder da oposición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Núñez Feijoo, líder da oposición en España.

En gobernos parlamentarios coñécese como líder da oposición ao líder do partido político con maior representación parlamentaria que non está no goberno. O líder da oposición normalmente identificase como a alternativa respecto do gobernante actual para o cargo de Presidente, Primeiro ministro ou o cargo que sexa á cabeza do Poder executivo do país.

O líder da oposición non é necesariamente o presidente do partido opositor, senón aquel de aparición nos medios e influencia na poboación máis destacable nese partido.

Nas formas de goberno cun sistema Westminster, como a británica ou canadense, o líder da oposición debe encabezar un goberno alternativo que se coñece como gabinete na sombra.

Outros opositores[editar | editar a fonte]

Normalmente, na política considérase como opositor a alguén que aspira a substituír o gobernante actual, pero seguindo as normas establecidas para tal efecto, habitualmente a celebración de eleccións.

Non se adoita incluír como líderes da oposición, aínda que teñan influencia na poboación, aos líderes revolucionarios, ou aos gobernantes de países rivais.