El laberinto del fauno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El laberinto del fauno
Ficha técnica
Título orixinalEl laberinto del fauno
DirectorGuillermo del Toro
ProdutorGuillermo del Toro
Alfonso Cuarón
Álvaro Agustín
Berta Navarro
Frida Torresblanco
GuiónGuillermo del Toro
IntérpretesSergi López
Maribel Verdú
Ivana Baquero
Doug Jones
Ariadna Gil
Álex Angulo
MúsicaJavier Navarrete
FotografíaGuillermo Navarro
MontaxeBernat Vilaplana
DistribuidoraWarner Sogefilms
Estrea2006
Duración112 minutos
OrixeFlag of Mexico.svg México
España España
Xénerodrama, fantasía, aventuras
Orzamento$19 000 000[1]
Recadación$83 258 226

El laberinto del fauno é unha coprodución hispano-mexicana filmada en España, con guión e dirección do mexicano Guillermo del Toro.

Argumento[editar | editar a fonte]

El laberinto del fauno transcorre nunha zona non identificada do norte de España no ano 1944, cinco anos tralo fin da guerra civil española. Conta a apaixonante viaxe de Ofelia (Ivana Baquero), unha nena de 11 anos moi afeccionada ós libros de fantasía que, xunto á súa nai, Carmen (Ariadna Gil), nun delicado estado de saúde debido ó seu avanzado estado de xestación, trasládase ata un pequeno pobo no que se atopa destacado Vidal (Sergi López), un cruel capitán da Garda Civil franquista, novo marido de Carmen (o pai de Ofelia morrera durante a guerra) e polo que Ofelia non sente ningún afecto.

O capitán Vidal atopábase destacado para acabar cos últimos vestixios da resistencia republicana, escondida nos montes da zona, para o que non dubida en utilizar toda clase de procedementos, incluíndo o asasinato e a tortura, así como o racionamento de alimentos da poboación civil da zona.

Vidal ten o seu centro de operacións nun antigo muíño situado fóra do pobo. Aparte dos gardas civís, no muíño espéranlles Mercedes (Maribel Verdú), unha moza do pobo que se atopa a cargo dos demais membros do servizo, e o doutor Ferreira (Álex Angulo), que se fará cargo de Carmen.

Unha noite Ofelia descobre as ruínas dun labirinto onde se atopa cun fauno (Doug Jones), unha estraña criatura que lle fai unha revelación: Ofelia non é en realidade quen cre ser senón unha princesa, última da súa estirpe, á que o seu pobo leva moito tempo esperando. Para poder regresar, deberá superar tres probas antes de que chegue a lúa chea. No transcurso da súa misión, a fantasía e a brutal realidade mestúranse, dando lugar a unha historia onde a maxia que rodea a Ofelia sérvelle para evadirse da cruel realidade na que se atopa inmersa.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Outros datos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya 2006[editar | editar a fonte]

Entregados o 28 de xaneiro de 2007.

Categoría Acode Resultado
Mellor película Candidata
Mellor director Guillermo del Toro Candidato
Mellor actor Sergi López Candidato
Mellor actriz Maribel Verdú Candidata
Mellor actriz revelación Ivana Baquero Gañadora
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Gañador
Mellor fotografía Guillermo Navarro Gañador
Mellor montaxe Bernat Vilaplana Gañador
Mellor dirección artística Eugenio Candidato
Mellor música orixinal Javier Navarrete Candidato
Mellor son Miguel Polo, Martín Hernández Gañadores
Mellor maquillaxe e barbería José Quetglas, Blanca Sánchez Gañadores
Mellores efectos especiais David Martí, Reyes Abades, Montse Ribe Gañadores

Premios BAFTA 2006[editar | editar a fonte]

Entregados o 11 de febreiro de 2007.

Categoría Persoa Resultado
Mellor película de fala non inglesa Gañadora
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Candidato
Mellor fotografía Guillermo Navarro Candidato
Mellor deseño de produción Eugenio Candidato
Mellor deseño de vestiario Lala Huete, Rocío Redondo Gañadoras
Mellor son Miguel Polo, Martín Hernández Candidatos
Mellor maquillaxe e barbería José Quetglas, Blanca Sánchez Gañadores
Mellores efectos visuais Everett Burrell Candidato

Premios Oscar 2006[editar | editar a fonte]

Entregados o 25 de febreiro de 2007

Categoría Persoa Resultado
Mellor película estranxeira Candidata (por México)
Mellor fotografía Guillermo Navarro Gañador
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Candidato
Mellor maquillaxe David Martí, Montse Ribé Gañadores
Mellor banda sonora Javier Navarrete Candidato
Mellor dirección artística Eugenio , Pilar Revuelta Gañadores

Premios Ariel 2006[editar | editar a fonte]

Gañador de 9 premios de 12 nomeamentos[2]:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]