Saltar ao contido

Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter e o preso de Azkaban
Logotipo
 Instancia de
 Título
Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Caracterizado por
Características
 Forma artística
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de distribución
 Franquía de medios
Obras
 Obra derivada
 Ambientado en
 Época ambientación
 Universo ficticio
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
31 de maio de 2004 (Reino Unido, Radio City Music Hall)
29 de xullo de 2004 (Portugal)
2 de xuño de 2004 (Francia)
4 de xuño de 2004 (Estados Unidos de América, Brasil)
10 de xuño de 2004 (Australia)
18 de agosto de 2022 (Arabia Saudita)
3 de xuño de 2004 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
 Nomeamentos
Óscar á mellor banda sonora (25 de xaneiro de 2005)
Óscar ós mellores efectos visuais (25 de xaneiro de 2005) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración141 min e 142 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Orzamento130000000 $ Editar o valor en Wikidata
Prezo de acceso796688549 $ Editar o valor en Wikidata
Custo130000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación797361618 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF227703490 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03177r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.9/10 Internet Movie Database (11 de marzo de 2026)
91% Rotten Tomatoes (11 de xaneiro de 2026)
82/100 Metacritic (11 de xaneiro de 2026)
7.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0304141 Filmaffinity: 832057 Allocine: 46865 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_prisoner_of_azkaban Mojo: harrypotter3 Allmovie: v283812 TCM: 535218 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban TV.com: movies/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban Netlix: 60034567 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Harry Potter e o preso de Azkaban (en inglés: Harry Potter and the Prisoner of Azkaban) é un filme de fantasía[1] dirixido por Alfonso Cuarón e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o terceiro filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por Chris Columbus, David Heyman e Mark Radcliffe. A historia céntrase no terceiro ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que un prisioneiro chamado Sirius Black escapa do cárcere máxico de Azkaban co obxectivo de matar a Harry. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Gary Oldman, David Thewlis, Timothy Spall e Emma Thompson.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido o 31 de maio de 2004 e nos Estados Unidos o 4 de xuño de 2004 e foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX. Tamén foi a última en poñerse á venda en formato VHS. Recibiu dúas candidaturas aos Premios Oscar: Oscar á mellor banda sonora e Oscar ós mellores efectos visuais, que finalmente gañaron Finding Neverland e Spider-Man 2, respectivamente. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidenses.

Estreouse en galego na TVG o 27 de maio de 2008.[2]

Malia que o preso de Azkaban foi o filme da saga con mellor acollida pola crítica cunha recadación nas salas internacionais dun total de 795,6 millóns de dólares,[1] é a que fixo menor caixa de todas as longametraxes.

O comezo do terceiro curso de Harry Potter en Hogwarts coincide coa fuxida dun preso chamado Sirius Black do cárcere máxico de Azkaban; o convicto semella estar disposto a matar a Harry. Mentres tanto, Remus Lupin únese ao persoal docente da escola máxica como novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e o Ministerio de Maxia confía aos Dementores de Azkaban a protección de Hogwarts fronte a Black. Harry descobre máis acerca do seu pasado e a súa conexión co prisioneiro escapado.

As novas adicións ao elenco inclúen os seguintes actores:

Produción

[editar | editar a fonte]

A fotografía principal comezou o 24 de febreiro de 2003,[4] en Leavesden Film Studios e finalizou en outubro de 2003.[5]

Algúns dos decorados para o filme situáronse en Glen Coe, Escocia, preto de Clachaig Inn. Os platós interiores, como os dos filmes anteriores, atópanse principalmente en Leavesden Film Studios. O lago de Hogwarts foi gravado no lago Shiel nas Terras Altas Escocesas. A ponte que cruza o Expreso de Hogwarts e que tamén aparece en n’a Cámara dos Segredos atópase no lado oposto ao lago Shiel e usouse durante a secuencia dos Dementores abordando o tren. Tamén hai breves escenas do filme rodadas en Palmers Green ao norte de Londres e nos arredores de Borough Market e Lambeth Bridge, tamén en Londres.

Rowling permitiu a Cuarón facer pequenos cambios con respecto ao libro, baixo a condición de que se cinguise ao espírito da novela.[6] Deixou que incluíse un reloxo de sol nos xardíns de Hogwarts, pero rexeitou a idea de incluír un cemiterio, que xogaría un papel importante no sexto libro, daquela aínda sen publicar.[6]

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

A banda sonora de Harry Potter e o preso de Azkaban lanzouse ao mercado o 25 de maio de 2004. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película e aos Premios World Soundtrack na categoría de mellor banda sonora.

O álbum foi ben recibido pola crítica cinematográfica musical. Archie Watt de MovieCues concedeu unha valoración de cinco estrelas á banda sonora e púxoa na lista das mellores do ano.

Lista de pistas
  1. "Lumos! (Hedwig's Theme)" - 1:38
  2. "Aunt Marge's Waltz" - 2:15
  3. "The Knight Bus" - 2:52
  4. "Apparition on the Train" - 2:15
  5. "Double Trouble" - 1:37
  6. "Buckbeak's Flight" - 2:08
  7. "A Window to the Past" - 3:54
  8. "The Whomping Willow and the Snowball Fight" - 2:22
  9. "Secrets of the Castle" - 2:32
  10. "The Portrait Gallery" - 2:05
  11. "Hagrid the Professor" - 1:59
  12. "Monster Books and Boggarts!" - 2:26
  13. "Quidditch, Third Year" - 3:47
  14. "Lupin's Transformation and Chasing Scabbers" - 3:01
  15. "The Patronus Light" - 1:12
  16. "The Werewolf Scene" - 4:25
  17. "Saving Buckbeak" - 6:39
  18. "Forward to Time Past" - 2:33
  19. "The Dementors Converge" - 3:12
  20. "Finale" - 3:24
  21. "Mischief Managed!" - 12:10
  1. 1 2 "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
  2. "Harry Potter e o preso de Azkaban na TVG". Diario Siglo XXI. 26 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 14 de abril de 2013.
  3. "Actor Richard Harris dies". BBC News. 25 de outubro de 2002. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  4. "Dumbledore and Sirius cast for Azkaban". Newsround. 21 de febreiro de 2003. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  5. Schmitz, Greg Dean. "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)". Yahoo! Movies. Consultado o 10 de outubro de 2007.
  6. 1 2 "Alfonso Cuaron: the man behind the magic". Newsround. 24 de maio de 2004. Consultado o 10 de outubro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]