Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades
Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades |
Director | Alejandro González Iñárritu |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Darius Khondji |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 1 de setembro de 2022 |
Duración | 159 minutos |
Orixe | México |
Xénero | Drama e comedia negra |
Recadación | 43.116 dólares |
Na rede | |
Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades, ou sinxelamente Bardo, é un filme mexicano de 2022 coescrito, editado, producido e dirixido por Alejandro González Iñárritu.[1] O filme está protagonizado por Daniel Giménez Cacho xunto a Griselda Siciliani, e conta a historia dun xornalista/documentalista que regresa a México e comeza a ter unha crise existencial en forma de visións oníricas. O título fai referencia ao concepto budista bardo, un estado limiar entre a morte e o renacemento.[2] É o primeiro filme de Iñárritu rodado completamente en México dende Amores perros en 2000.
Bardo estreouse na 79ª edición do Festival de Venecia para competir polo León de Ouro o 1 de setembro de 2022, e estreouse nos cinemas o 18 de novembro de 2022. Estreouse posteriormente en liña a través de Netflix o 16 de decembro de 2022. Recibiu valoracións polarizadas da crítica, que eloxiou as actuacións, a fotografía e a dirección, mais estaban divididas na súa escritura e duración. Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] clasificándose na lista curta de decembro. Foi nomeado na categoría de mellor fotografía.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Daniel Giménez Cacho como Silverio Gama
- Diego Tello de Meneses como Silverio con 11 anos
- Griselda Siciliani como Lucía Gama
- Ximena Lamadrid como Camila Gama
- Iker Sanchez Solano como Lorenzo Gama
- Jay O. Sanders como embaixador Jones
- Andrés Almeida como Martín
- Francisco Rubio como Luis
- Rubén Zamora como irmán de Silverio
- Mar Carrera como Lucero
- Fabiola Guajardo como Tania
- Daniel Damuzi como Antonio
- José Antonio Toledano como Juan Escutia
- María Cobar como sobriña
- Fernanda Borches como presentador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grobar, Matt (2021-09-23). "Alejandro G. Iñárritu's New Comedy Gets Title; Oscar Winner's First Project In His Native Mexico Since 'Amores Perros'". Deadline (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-23.
- ↑ Scott, A. O. (2022-11-03). "'Bardo, False Chronicle of a Handful of Truths' Review: It's a Stressful Afterlife". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-21.
- ↑ Goodfellow, Melanie (29 de setembro de 2022). "Oscars: Mexico Submits Alejandro G. Iñárritu’s ‘Bardo’ For Best International Film Category". Deadline.com. Consultado o 29 de setembro de 2022.