Saltar ao contido

Karas, Namibia

Modelo:Xeografía políticaKaras, Namibia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 26°34′00″S 18°08′00″L / -26.566666666667, 18.133333333333
EstadoNamibia Editar o valor en Wikidata
CapitalKeetmanshoop (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación109.893 (2023) Editar o valor en Wikidata (0,68 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie161.395 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2NA-KA Editar o valor en Wikidata

Sitio webkarasrc.gov.na Editar o valor en Wikidata
Dous exemplares de Aloidendron dichotomum.

Karas (en nama ǁKaras), é unha das catorce rexións de Namibia. A súa capital é a cidade de Keetmanshoop, e a cidade máis poboada é Lüderitz.

Karas considérase unha unidade económica, orgánico-administrativa e natural. A súa beleza paisaxística, a mestura de culturas e de tradicións, e unha economía florecente e diversificada distingue a Karas das 13 rexións restantes do país.[1]

O nome oficial desta rexión, desde a independencia de Namibia en 1990, era Karas Region (Rexión da Karas). Nun esforzo para consolidar a ortografía, pasou a chamarse ǁKaras en agosto de 2013.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É a rexión situada máis ao sur de Namibia. Ten unha superficie de 161 235 km²,[3] o 20 % da superficie do país,[1] o que a converte na máis extensa.

En 2011 tiña 70 000 habitantes,[4] (menos do 5 % da total do país), polo que a densidade de poboación nese ano era de 0,5 hab./km².

O Índice de Desenvolvemento Humano da rexión en 2017 era de 0,687.[5]

"ǁKaras" é o nome en nama dunha especie áloe, a Aloidendron dichotomum (antigamente Aloe dichotomum), que crece en Namibia e Botswana, e que é a planta máis coñecida do país, sendo o símbolo da rexión.[1]

Karas limita ou norte coa rexión de Hardap, ao oeste co océano Atlántico e, debido á súa posición no sur de Namibia implica que comparte unha longa fronteira no sur e no leste coa provincia do Cabo Setentrional de Suráfrica.

Clima, hidrografía e producións agrícolas e gandeiras

[editar | editar a fonte]

O clima de Karas é árido.

Os ríos máis importantes son o Orange, que forma a fronteira sur con Suráfrica, e o Fish, un afluente do Orange que discorre polo centro da rexión.

O clima fai que a rexión sexa o sitio ideal para varios cultivos de secaño, o máis importante é o de uva de mesa. En gandaría destaca a produción de carne de ovella, de cabra de vacún e de avestruz.

A lingua oficial, como en todo o país, é o inglés. Na rexión as linguas máis faladas son, ademais do inglés, o nama, o alemá e o afrikaans.

Economía

[editar | editar a fonte]

Karas é unha rexión con abundante riqueza natural, tanto no interior, como na súa zona costeira. Posúe as reservas máis grandes do mundo de diamantes aluviais.[1] Goza de estabilidade sociopolítica, baixa taxa de criminalidade e infraestruturas que dan acceso a mercados locais, rexionais e estranxeiros.

A rexión é predominantemente de pequenas granxas gandeiras, sobre todo de ovellas e cabras. Os animais de caza e as granxas irrigadas ao longo do río Orange e do encoro de Naute adquiriron considerábel importancia.

De grande importacia na rexión é a cidade portuaria de Lüderitz, con importantes descargas de peixe e, e factorías de procesado deste, e a súa industria de construción naval. A actividade pesqueira é a principal fonte de ingresos da cidade. É importante a pesca de lagosta e pescada. A maior parte das capturas destínanse á exportación. España é un dos principais destinos das exportacións pesqueiras. No que respecta á pesca e á súa transformación cómpre sinalar as instalacións da empresa NovaNam, filial da multinacional galega Nueva Pescanova,[6] que conta con dúas plantas de procesado en Namibia, a principal, NovaNam-Lüderitz, en Lüderitz,[7] onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.[8] (A outra, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa conta con 300 operarios.[8]

As zonas de diamantes ao longo da costa, con Oranjemund como centro principal, contan con empresas de extracción e mineiras na área dos montes Klein Karas e Rosh Pinah. Destaca tamén o campo de gas natural Kudu no océano Atlántico e as industrias a pequena escala en Luderitz e Keetmanshoop.

O potencial de crecemento económico da rexión é considerábel, pero necesita unha política de desenvolvemento xeral intensiva. É unha zona que xera importantes impostos para o goberno central, que predominantemente proceden da minaría do diamante.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

A vía férrea principal e dúas estradas troncais principais dan acceso a Suráfrica. Keetmanshoop está considerada como "a capital do sur" e ten conexión directa por aire, ferrocarril e estradas con Windhoek. O seu aeroporto é de estándar internacional, apropiado polo tanto, para o tráfico aéreo internacional. O aeródromo de Kolmanskop, cerca de Lüderitz, é servido con regularidade por Air Namibia nos seus voos a Cidade do Cabo e Windhoek. Tamén existen instalacións para aterraxe ben desenvovidas en Oranjemund.

Canón do río Fish.

Polo seu territorio discorren os desertos do Namib e do Kalahari, que albergan especies animais e vexetais únicas no mundo. Estes desertos, cheos de riqueza natural, xunto co canón do río Fish, fixeron florecer o sector turístico, enfocándose no denominado "ecoturismo".[1] Ambos os desertos están moi protexidos no ámbito medioambiental.

Os mananciais termais de Ai-Ais, e no futuro probabelmente tamén de Warmbad, o bosque Kokerboom, cerca de Keetmanshoop, o canón do río Fish, que é o segundo máis grande do mundo, a montaña Brukaros (un antigo volcán), cerca de Berseba, a cidade costeira de Lüderitz e granxas para aloxamento e caza, son atraccións turísticas importantes, e a industria do turismo ten aínda potencial para unha maior expansión.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  • Canón do río Fish
  • Bosque Quivertree
  • Parque de xigantes
  1. 1 2 3 4 5 Karas en Haras Tourism (en inglés).
  2. Nakale, Albertina (9 de agosto de 2013): "President divides Kavango into two". New Era. En allafrica.com (en inglés).
  3. "Namibia's Population by Region". Election Watch (Institute for Public Policy Research) (1): 3. 2013.
  4. Smit, Nico (12 de abril de 2012). "Namibia’s population hits 2,1 million". The Namibian. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 06 de agosto de 2019.
  5. "Sub-national HDI - Area Database - Global Data Lab". hdi.globaldatalab.org (en inglés).
  6. Elena Salgado ficha por Nueva Pescanova y entra en el consejo de administración. Europa Press, 09/02/2016.
  7. NovaNam, filial del grupo Nueva Pescanova en Namibia, cumple 27 años de historia
  8. 1 2 Un libro recoge el papel de NovaNam, filial del Grupo Nueva Pescanova, en el desarrollo de la industria pesquera en Namibia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]