Até 1995 a división era denominada MacCarthy Island, que se establecera como unha das cinco áreas administrativas do Protectorado de Gambia, a inicios do século XX. O seu territorio cobre ambas beiras do Río Gambia, e a súa poboación total era, no 2008, de 197.245 habitantes, dando unha densidade de poboación de 68 persoas por cada quilómetro cadrado.