Saltar ao contido

Mondariz-Balneario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMondariz-Balneario
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°13′11″N 8°28′17″O / 42.2197, -8.4714
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalMondariz-Balneario Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación703 (2023) Editar o valor en Wikidata (292,92 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2,4 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude758 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCésar Gil Bernárdez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Mondariz-Balneario Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36890 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36031 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmondarizbalneario.gal Editar o valor en Wikidata

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o INE en 2021 tiña 675 habitantes. Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total en 2014 682 habitantes
Menores de 15 anos 86 (12.61 %)
Entre 15 e 64 anos 436 (63.93 %)
Maiores de 65 anos 160 (23.46 %)

No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.

O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Sabela de Portugal.[Cómpre referencia]

Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.

A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.

Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeulle á vila o título de "Moi Hospitalaria".

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)

Lugares de Mondariz-Balneario

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz-Balneario vexa: Lugares de Mondariz-Balneario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]